O artista Acisclo Manzano denuncia a desaparición de dúas das súas pezas

Trátase dun busto de Losada Diéguez, que xa apareceu, e dun mural en Ourense

3/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
41 lecturas | Compartido 0 veces

Dúas pezas da autoría do artista ourensán Acisclo Manzano desapareceron das súas localizacións nos últimos días. Un busto de Antón Losada Diéguez situado na entrada do museo dedicado a este galeguista en Boborás foi subtraído da súa localización e reapareceu diante do propio fogar do autor, segundo recolle hoxe La Voz de Galicia. A peza foi devolta ao seu lugar orixinal. Concello e Fundación Losada Diéguez anunciaron novas medidas de seguridade para a protexer.

Ademais, o artista apuntou tamén que un mural realizado por el no barrio ourensán da Ponte foi retirado da parede no que se atopaba, sen que saiba polo momento quen o levou nin onde se atopa. A comunidade de veciños do edificio afectado xa presentou a correspondente denuncia. A obra estaba valorada en 10.000 euros.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Acisclo Manzano, Ourense, La Voz de Galicia, Antonio Losada Diéguez

Claves

Entidades
Lugares