Bota a andar a Fundación Losada Diéguez

A filla do galeguista cedeu o pazo e a documentación familiar á Fundación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Xa levaba tempo constituída pero non foi ata o venres que se presentou oficialmente. A Fundación Losada Diéguez, con sede no Pazo de Moldes, que pertenceu ao galeguista, acollerá as actividades da entidade, mercé ao compromiso da súa filla, que cedeu o pazo familiar e a documentación á nova entidade. A Fundación conta con representación dos concellos do Carballiño, Boborás, A Estrada, a Deputación de Ourense ou o Museo de Pontevedra. Entre os primeiros proxectos, está a elaboración dunha biografía a cargo dun dos principais especialistas na súa vida e obra: Justo González Beramendi.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Deputación de Ourense, Carballiño, Antonio Losada Diéguez