O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o Centro de Estudios e Documentación sobre Bóveda

Centro Bóveda

15/1/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Centro de Estudios e Documentación Alexandre Bóveda, dependente da fundación do mesmo nome, abrirá a finais de ano no Pazo da Cultura de Pontevedra. Segundo sinala hoxe “Diario de Pontevedra”, onte presentouse na cidade un libro editado pola Fundación Bóveda que recolle as actas da Asemblea de Concellos de Galicia na que se promoveu o Estatuto de Autonomía. O futuro centro pretende realizar estudios e investigacións sobre o galeguismo histórico, e nos vindeiros doce meses irase dotando de infraestructuras e de material.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Pazo da Cultura de Pontevedra, Alexandre Bóveda, Estatuto de Autonomía...