A Fundación Bóveda creará unha cátedra universitaria dedicada ao galeguismo histórico

Cátedra en memoria

11/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
No segundo semestre de 2006 botará a andar a Cátedra Bóveda, un proxecto promovido pola fundación que leva o nome do mártir galeguista e no que colaboran a Universidade de Vigo, a Consellaría de Cultura e mais o Concello de Pontevedra. Este novo departamento dedicarase á investigación sobre o galeguismo histórico, e para novembro está previsto que organice unha xornadas sobre Bóveda e a súa relación co Estatuto de 1936. tamén dentro deste organismo se promoverá o Premio Bóveda de Ciencias Económicas e Sociais.

Máis información no web da Xunta, en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, Concello de Pontevedra, Universidade de Vigo, Pontevedra...