Fernández Paz e Alonso Montero, premios Losada Diéguez

A entrega dos galardóns será o vindeiro 9 de xuño

23/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Agustín Fernández Paz, fíxose co preimo Antón Losada Diéguez de creación literaria pola súa novela Non hai noite tan longa. Pola súa banda, Xesús Alonso Montero levou o galardón no ámbito da investigación polo seu estudo Aníbal Otero. Lingüística e poética. Os dous gañadores levarán un premio de 6.000 euros e recollerán o seus galardóns o vindeiro 9 de xuño nun acto que se celebrará no propio pazo do galeguista en Moldes, concello de Boborás.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Xesús Alonso Montero, Antonio Losada Diéguez