Chus Pato e Camilo Nogueira fanse cos premios Losada Diéguez

Os galardóns entregaranse o vindeiro 13 de xuño en Boborás

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Hordas de escritura, a obra máis recente de Chus Pato, valeulle á súa autora o premio Antón Losada Diéguez na súa XXIV edición na modalidade de creación. Pola súa banda, Camilo Nogueira Román foi o gañador na categoría de ensaio con O continente pensado. En total presentáronse ao certame 47 traballos, dos que 24 eran de creación e os outros 23 de ensaio. O acto de entrega dos galardóns desenvolverase o vindeiro 13 de xuño no pazo da familia Losada en Moldes, Boborás.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chus Pato, Camilo Nogueira, Ensaio, Antonio Losada Diéguez