A trixésimo sétima edición do Premio Antón Losada Diéguez ten gañadores, logo de que os concellos do Carballiño e de Boborás desen a coñecer este 23 de abril o fallo do xurado nas dúas categorÃas de creación literaria e de ensaio con que contan os galardóns.
No campo da narrativa, o xurado seleccionou a novela A carteira, escrita por Santiago Lopo e editada por Xerais. O fallo destaca "a perspectiva de chegar aos personaxes a través do seu comportamento", asà como "a temática do fondo social, a soidade e a presenza do considerado marxinal" nunha novela que posúe "unha dinámica de movemento continuo con certo sentido do humor, e é unha obra de lectura sinxela".
Canda a ela, o xurado recoñeceu na categorÃa de ensaio o traballo Alejandro Viana. Un galego a fronte do rescate dos refuxiados republicanos, de Roberto Mera, publicado en Belagua Edicións. Da mesma o fallo salienta "a recuperación e investigación minuciosa sobre un persoeiro pouco coñecido para o gran público, que desenvolveu un labor importante na recuperación da dignidade dos refuxiados españois perdedores da guerra e da súa evacuación a América cunha ética estrita e participou na súa evacuación".
Cada unha das categorÃas conta cun premio de 6.000 euros en metálico, e mentres na de creación literaria competÃan vinte e tres obras, na de ensaio consideráronse once. Os premios entregaranse o vindeiro 11 de xuño no Pazo de Moldes de Boborás.
O xurado contou coa alcaldesa de de Boborás, Patricia Torres como presidenta e co concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, como vicepresidente. Ramón Nicolás, MarÃa Xosé Porteiro, Francisco Fariña, LuÃs González Tosar, Xosé Costas e Carlos VizcaÃno fixeron parte do comité.