Nove xardíns galegos que asoman a Europa

Destacados espazos galegos incorpóranse á Rede Europea de Xardíns Históricos

Destacados espazos galegos incorpóranse á Rede Europea de Xardíns Históricos
Pazo Quiiñones de León (Vigo). Foto: Turismo de Galicia
Un dos últimos itinerarios creados polo Consello de Europa é a Ruta Europea de Xardíns Históricos, que estende certificacións que recoñecen "o valor histórico, artístico, social e natural dos xardíns históricos de Europa". Neste itinerario figuran xardíns de países tan diversos como Alemaña, Grecia, Italia, España, portugal ou Polonia e, desde onte, nove xardíns históricos galegos, vinculados sobre todo a pazos. A Xunta de Galicia promoveu a adhesión destes espazos singulares do país, vinculados á Ruta da Camelia e, na súa maior parte, parte do conxunto monumental de diferentes pazos.

Lista de xardíns.
Fotografías: Turismo de Galicia

1. Pazo de Oca (A Estrada, Pontevedra)



2. Pazo de Quinteiro da Cruz (Ribadumia, Pontevedra)



3. Pazo Quiñones de León (Vigo, Pontevedra)



4. Pazo de Lourizán (Pontevedra)



5. Pazo de Rubiáns (Vilagarcía, Pontevedra)



6. Pazo de Soutomaior (Soutomaior, Pontevedra)



7. Pazo de Santa Cruz (Vedra, A Coruña)



8. Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña)



9. Alameda (Santiago, A Coruña)