Denuncian que un petróglifo de Cangas mudou nun vertedoiro incontrolado

A Agrupación Naturalista Liboreiro de Bueu demanda a limpeza e sinalización do ben arqueolóxico

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Lixo no petróglifo das Abelaires

Lixo no petróglifo das Abelaires

O petróglifo das Abelaires, ubicado en Cangas do Morrazo, case nos lindes do territorio municipal, ten mala sorte por dous motivos: estar ao carón dun camiño e nas proximidades do Punto Limpo de Cangas. Así que cando o Punto Limpo está pechado, algúns dos veciños con poucos escrúpulos botan o lixo sobre a laxe dos petróglifos. A Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro denunciou os feitos e solicitou ao concello de Cangas a limpar o contorno, colocar unha barandilla de protección e paneis informativos.


Outra perspectiva do vertedoiro incontrolado do petróglifo

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bueu, Concello de Cangas, Morrazo, Culturagalega...