Rouban a imaxe do Cruceiro Novo da Pobra do Caramiñal

A figura podería ter sido esculpida no século XVI

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cruceiro Novo en San Isidro de Postmarcos (A Pobra do Caramiñal). Foto: ABSO

Cruceiro Novo en San Isidro de Postmarcos (A Pobra do Caramiñal). Foto: ABSO

A denuncia dunha veciña puxo en alarma á Policía local da Pobra do Caramiñal, no Barbanza. A escultura da Virxe e o Neno, ubicaba no Cruceiro Novo, na parroquia de San Isidro de Postmarcos, fora substraída aproveitando o confinamento. A peza estaba ubicada nun dos característicos cruceiros de capela na comarca, nunha paraxe pouco frecuentada e nun camiño sen asfaltar e xa fora obxecto nas últimas décadas de intervencións de restauración. O cruceiro está datado na Idade Moderna aínda que segundo Antonio González Millán, a escultura podería pertencer a un cruceiro anterior e ser elaborada no século XVI. O Barbanza continúa a ser unha zona cero de agresións ao patrimonio durante o confinamento provocado pola pandemia global, pero dáse a circunstancia de que tamén a principios de ano, na Pobra do Caramiñal, foi substraída outra imaxe, un San Xoán Evanxelista, que estaba situado nun fornelo á entrada da casa de Casto Dios.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Pedras que saben gardar silencio

Pedras que saben gardar silencio

Remata a intervención arqueolóxica na Corte do Santo (A Pobra do Caramiñal) amosando un espazo complexo e esquivo na información

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pobra do Caramiñal, Barbanza, Idade Moderna, San Xoán