O temporal leva por diante outros tres cruceiros

A aldea de Piornedo sofre danos en numerosas pallozas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cruceiro de Sueiro Iáñez

Cruceiro de Sueiro Iáñez

O temporal continúa a levar por diante singulares pezas do noso patrimonio cultural. Trala caída do cruceiro de Eiroa, en Noia, sabemos dos derrubos doutros cruceiros ao longo de Galicia. É o caso do cruceiro de Sueiro Iáñez, en Nigrán, do século XVIII aínda que con posibles partes do século XVI. Na parroquia de Teaio (Dodro), o cruceiro do Botafal tamén se veu abaixo e en Viveiro unha refolada de vento tamén botou abaixo o cruceiro de san Roque, no monte do mesmo nome. Pola súa banda, cando menos dezaseis pallozas resultaron danadas polo temporal na aldea de Piornedo (Cervantes), con desprendementos de parte dos tellados de palla.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Pedras no camiño

Pedras no camiño

Leme achégase hoxe ao concello de Rianxo para ver o Cruceiro da Laxe Pequena

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nigrán, Cervantes, Noia, Viveiro