As pallozas do Piornedo corren perigo pola falta de axudas

O mal tempo deteriora de xeito acelerado a cubertas destas constuccións

9/1/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os temporais están a deixar a sua pegada nos tellados de palla das pallozas do Piornedo, declaradas Ben de Interese Cultural, segundo recollen hoxe La Voz de Galicia e El Progreso. O deterioro destas antigas vivendas pode provocar danos irreparables nas mesmas, segundo denuncian os seus propietarios. Ata 2010 unha liña de axudas públicas que facilitaba que os veciños sufragasen uns traballos mantemento que, por mor do material e da man de obra, non poden soster por si mesmos. Ante a retirada destas subvencións da Xunta, os propietarios das construcións solitican que, cando menos, lles permitan cubrilas con outros materiais para evitar danos maiores.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, El Progreso, La Voz de Galicia