
Segundo explica o colectivo na presentación do proxecto, a intención é desenvolver unha área cultivada de 1,5 hectáreas, que pretenden ampliar lodo de 2021. En concreto, "as aportacións dos colaboradores serán para facer fronte aos gastos do peche con alambrada das tres parcelas sementadas de centeo", sinalan. Entre as recompensas que oferta a iniciativa están visitas guiadas pola zona, obradoiros sobre teitado, libros ou rutas. O prazo para colaborar nesta iniciativa está aberto ata o dÃa 8 de marzo.