Xosé Cuiña presenta en Piornedo unha nova proposta de rehabilitación

Outro Piornedo

5/9/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Xosé Cuíña, conselleiro de Obras Públicas, volveu onte a Piornedo (Lugo) para presentar un novo Plan Especial de Rehabilitación. Un plan dirixido polo arquitecto Javier Suances segundo o que se derrubarán edificacións que non fosen realizadas cos materiais tradicionais (pedra, lousa e madeira) e non se poderán construír novos inmobles nin facer modificacións ós actuais. O plan complétase coa creación dun novo poboado a medio quilómetro que se separará do histórico por un muro de árbores. Unha proposta que contará cunha partida de 3,6 millóns de euros e que podería entrar en vigor dentro de cinco meses.

Máis información en
El Progreso

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con El Progreso, Lugo

Claves

Entidades
Lugares