Descubertos mosaicos romanos de grande importancia na rúa Doutor Castro de Lugo

O antigo chan da casa

| Santiago.Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O Concello de Lugo está a realizar consultas con outras cidades que posúen restos arqueolóxicos romanos para saber cal é o mellor xeito para expor ó público os restos dos mosaicos romanos aparecidos na rúa Doutor Castro. Hai uns anos xa aparecera unha parte desta peza artística nunha casa desta rúa, pero foi o pasado xoves cando se atopou un segundo fragmento no que, ademais dos motivos xeométricos do mosaico pode apreciarse a figura dun animal. Especúlase con que os restos poderían corresponder ó chan dunha cada. Está previsto que as escavacións rematen o vindeiro vinte de setembro.

Máis información en El Progreso do día 28 de agosto ; día 30 de agosto ; e día tres de setembro

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Lugo, El Progreso

Claves

Lugares