O arquitecto Carlos Sánchez-Montaña vén de apuntar, segundo publicou onte “El Progreso” que os restos do anfiteatro romano de Lugo atópanse onda o antigo matadoiro da cidade. O Concello anunciou onte que realizará un estudio preliminar para comprobar esta tese. Tamén desde Lugo chega a noticia de que os mosaicos localizados na rúa Doutor Castro serán cubertos para garantir a súa conservación mentres se busca un sistema para expoñelos ó público na súa localización actual.
Máis información en El Progreso sobre o anfiteatro; o anuncio do Concello; artigo sobre o Lugo romano; excavacións arqueolóxicas en Lugo; o enterramento do mosaico en El Correo Gallego
