Ultimase a musealización dos restos romanos de Doutor Castro, en Lugo, mentres desaparecen petroglifos en Marín

Conservación e desaparición

1/9/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Dous meses aproximadamente é o prazo no que o Concello de Lugo e a Consellería de Cultura estiman que estarán rematadas as obras de musealización dos achados romanos da rúa Doutor Castro e no soto do edificio da Eléctrica, en Lugo. A intervención prevé que os mosaicos e os restos de casas aparecidos se poidan ver debaixo da terra desde o soto da Eléctrica.Mentres estes restos ven así asegurado o seu futuro, outros desaparecen do seu lugar. A Asociación de Veciños de San Xulián, en Marín, acaba de denunciar que os petroglifos do lugar de Pena Caeiro foron destruídos polas obras da variante de Marín.

Máis información sobre a musealización de Lugo en El Progreso e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Marín, Concello de Lugo, El Progreso...