A Asociación Teitos de Piornedo celebrou a pasada fin de semana a súa primeira malla tradicional. Esta actividade, que implicou á veciñanza do lugar, tivo como obxectivo conseguir o colmo do centeo, material co que se teitan de xeito tradicional as pallozas. Segundo informa Campo Galego, a asociación cultivou no último ano dúas leiras con diversas variedades da planta con vistas a comprobar cal é a máis axeitada para o teitado. Os 80 feixes obtidos na experiencia, que prevén ampliar no futuro, empregaranse agora para facer arranxos nas cinco pallozas con tellado de palla que se conservan na localidade. Nos últimos anos sucedéronse os chamamentos á Xunta para que contribuÃse a manter este patrimonio etnográfico.