A borrasca Herminia deita o cruceiro de Eiroa, en Noia

A peza, erixida en 1879, representaba un desencravo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A borrasca Herminia deita o cruceiro de Eiroa, en Noia

O que estaba considerado un dos cruceiros mais destacados do Concello de Noia, o de Eiroa, quedou esnaquizado logo do paso da borrasca Herminia na pasada fin de semana. Os fortes ventos que acompañaron o temporal provocaron a caída desta peza, situada na parroquia de Santa Cristina de Barro, que ficou partida nunha ducia de fragmentos.

O Concello anunciou xa a súa intención de restaurar a peza e contactou unha empresa especializada neste campo, que ao longo do 27 estaba previsto que retirase os anacos deste elemento patrimonial. O cruceiro, que representa a escena do desencravo de Cristo, fora erixido en 1879.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Noia

Claves

Entidades
Lugares