Pedras no camiño

Leme achégase hoxe ao concello de Rianxo para ver o Cruceiro da Laxe Pequena

29/8/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniosociedade
19 lecturas | Compartido 0 veces

Vista de detalle do cruceiro

Sito na parroquia de Taragoña, o “Cruceiro da Laxe Pequena”, é o máis antigo do concello de Rianxo. Data do século XVI conta cunha ornamentada capeliña, onde se sitúa a Virxe, acompañada polas figuras en relevo do Santiago Apóstolo e doutro santo, probablemente San Francisco. Este cruceiro é a proposta de hoxe de Leme, a aplicación móbil que che permite explorar a información xeolocalizada producida polo Consello da Cultura Galega.

Universo culturagalega.gal

18/07/2013

Déixate enfiar no Leme

Presentamos pistas e lugares interesantes que podes explorar coa nova app do CCG

Universos