"Os Barbanzóns" e "Campos de Cuba" son elixidos polos lectores novos como mellores obras de 2004

Os lectores novos queren BD

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil acaba de dar a coñecer os resultados do seu VI Premio de Lecturas, dedicado ás obras publicadas en 2004. Estes galardóns son entregados polos propios lectores novos de diversas bibliotecas. Nos gañadores, cabe destacar a presenza de dúas obras de BD entre os catro libros que foron premiados. "O solpor da prehistoria" da serie "Os Barbanzóns", de Pepe Carreiro, foi a obra máis votada polos lectores de entre 11 e 14 anos, mentres o de máis de 14 apostaron por "Campos de Cuba", de Fran Jaraba. Estes resultados amosan a aceptación que a novena arte está a ter entre os máis novos.

Máis información no blog de Manuel Bragado e no web de Galix (en pdf); máis sobre BD e bibliotecas nos nosos arquivos