O Entroido ármase de novidades. En Sarreaus (Ourense) recupérase a figura do Vergalleiro, un mestizo de pantalla e peliqueiro e en Celanova crearon máscaras de gárgolas. En Vigo, oitenta veciños de Valadares preparan unha "voda celta". O Meco convÃrtese en Meca en Santiago de Compostela, para homenaxear á peseta. E o Entroido convÃrtese aÃnda máis se cabe nunha festa de denuncia social en VentÃn (Ames), onde pais e cativos crearon a "operación tufo" para protestaren contra o mal estado do centro educativo do lugar.
Gárgolas que espabilan
En Celanova buscan un estilo propio de entroido. Ou iso é o que afirman os responsables de cultura do Concello, que este ano recuperarán unha vella lenda segundo a cal as gárgolas do claustro do Mosteiro de San Rosendo cobran vida cando chega o entroido. Para iso, Concepción Caride Conde, unha artesá ourensá, adicou un mes e medio a crear en cartón pedra sete máscaras que reproducen as gárgolas do claustro do convento e Macaco, un pintor ourensán, encargouse de porlle os coloretes. As novas gárgolas sairán á rúa durante todo o entroido. En Sarreaus tamén recuperan outra figura, a do "Vergalleiro", unha fusión entre a Pantalla e o Peliqueiro, dous disfraces tradicionais da zona. O Vergalleiro será tamén unha das estrelas dun futuro Centro de Exposicións e Recursos do Entroido do concello que foi financiado a través do programa europeo Leader II.
BaterÃa de comparsas viguesas
Vigo demostra neste entroido que ten un dos movementos veciñais máis consolidados de todo o paÃs. Oitenta veciños do barrio de Valadares preparan unha sorprendente "voda celta", na que recrean un poboado castrexo cos seus rituais enriba dunha carroza. E máis reivindicativos están a xente da comparsa "Estudiantes sen educación" ou máis internacionais: "Búscase un talibán", na que non faltarán "mulleres con burka, talibáns en loita e soldados norteamericanos en busca de Bin Laden". Os éxitos cinematográficos, un clásico das carrozas do Entroido, comezan a non ser só norteamericanos e a ter presente tamén o audiovisual galego: as comparsas "AnÃmase o bosque" e "El bosque" recrean as personaxes e as secuencias da pelÃcula "O bosque animado", da coruñesa Dygra Films.
Hai Operación, pero na Academia
O entroido sempre é tempo de crÃtica de costumes e poderes. Aproveitando o rebufo da televisión, os pais e os cativos que estudian no colexio público de VentÃn (Ames) organizaron o xoves a "Operación Tufo", na que reciclaron pancartas de anteriores mobilizacións para protestar polas pésimas condicións do colexio público. Entre as reivindicacións, que se reparen as tuberÃas que provocan cheiros no centro, afectando tamén á calidade da auga.
E o entroido está na rede galega a través de especiais e webs especÃficas. O Concello de Xinzo da Limia despregou un ha interesante web sobre as peculiares festas do entroido deste concello. E en La Voz de Galicia se poden aprender das saborosas receitas carnavalescas. En culturagalega.org poderás saber tamén sobre as diferentes tradicións autóctonas galegas.