Xoán Xosé Piñeiro leva dezasete anos formando a comerciais. Faino nunha escola privada de Vigo e desde o seu inicio decidiu facelo en galego por varios motivos: porque lle parecía máis próximo, porque é a súa lingua e porque pode ser mais efectivo á hora de achegarse ao cliente. Pero a súa é unha desas historias que confirman que o galego vende, pero que aínda ten camiño por diante antes de converterse nunha lingua de negocio.
O máis triste de todo non é que os meus alumnos considerasen que o galego non lles axudaría a vender máis, senón que era sumamente inútil Deste xeito resume Xoán Xosé Piñeiro Cochón algunhas das actitudes dos seus alumnos cando el iniciaba as súas explicacións. El pretendía conseguir unha presentación de venda máis efectiva e para iso, facíao en lingua galega. A maior parte das explicacións que me daban, prosegue, era que lles supuña un plus de complexidade porque implicaba moitas veces expresarse nunha lingua que non era a súa, e porque pensaban que por esa escolla lle restaba credibilidade e, como consecuencia, vendas. Deste xeito tan gráfico, Xoán revela unha das cuestións á que logo lle pon palabras a lingua aínda non está normalizada nas vendas.
Unha experiencia persoal
No centro no que traballa Piñeiro fórmase aos diferentes tipos de vendedores, desde os que ían de porta en porta ou os que facían venta dirixida (en calquera das fórmulas establecidas, como a de facer unha escolla polos números pares, ou ir ás placas de determinados colectivos...). Hai que pensar, explica Piñeiro, que alí ensinábamos técnicas para conseguir unha comercialización máis efectiva, que respondían ao que chamabamos AÍDA, é dicir, unha fórmula que significa espertar a Atención, buscar o Interese, motivar o Desexo que leva á Acción. Para este profesor, os tres primeiros estadios son os que permitían un certo contacto co cliente e, neles era onde consideraba que o galego lle podía gañar a partida ao español porque é a nosa lingua e porque podería servir para crear un clima de identidade e de participación moito máis próximo que o do español.
Piñeiro consideraba que no binomio aptitude-actitude, a cuestión da lingua viña máis na actitude, con c, que na valía. Os seus alumnos eran na maior parte licenciados, viñan de tradución, mestres, economistas, pedagogos, de ciencias sociais (publicidade) de Pontevedra pero tamén había unha boa parte deles que eran estranxeiros, de Uruguai e de Arxentina, principalmente. Era curioso, explica, que eran precisamente os de fóra os que prestaban un maior interese, iso si, esto tampouco pode ser unha regra xeral. De todos os xeitos, o que Piñeiro si apreciou coa súa experiencia é que co paso dos anos vai mellorando pouco a pouco a actitude dos seus alumnos cara o idioma.
O reflexo na prensa
Cada luns, Piñeiro collía as páxinas económicas (comunmente chamadas salmón) de La Voz de Galicia e Faro de Vigo para comprobar cantos anuncios había relativos ao seu campo de traballo. Este profesor explica que alí marcabamos todo aquelo relativo as vendas ou semellantes, porque neste campo hai moitos eufemismos, que tiña para nós un duplo valor. Por unha banda o de orientarnos á hora de facer un currículo vitae e, pola outra, servíanos de referencia para ver cantas veces había un anuncio en galego. Aí caíache a alma aos pés nas veces nas que se pedía o galego, nin como mérito, nin como idioma, nin como nada de nada. O que eles pensaban que reforzaba a súa idea inicial, pero teño levado unha La Vanguardia para que viran que en Cataluña si se pedía o catalán e que alí había moito máis coidado co idioma.
Vender en galego
Piñeiro considera que aínda empregar o galego é a día de hoxe un atranco, aínda que as cousas van mellorando pouco a pouco. Sen embargo, unha investigación financiada polo Consello da Cultura Galega e iniciada en 1995 aposta pola rendibilidade comercial de vender en galego. Piñeiro incide nun dos aspectos sobre os que fai referencia o estudo, sobre as dificultades que existen tamén na formación lingüística das persoas que traballan de cara ó consumidor e mais no deseño de pautas e da mesma comunicación comercial. E non só iso, un aspecto positivo que resalta a investigación feita por Fernando F. Ramallo e Gabriel Rei Doval é que o uso do galego por parte dos empregados de comercio é recibido con simpatía por boa parte dos consumidores.
Por outra banda, o estudo conclúe que o galego ten tanto valor comercial como o castelán, aínda que quedan campos por cubrir. Ponse de manifesto que o galego é o idioma máis utilizado polos consumidores, sendo o vehículo de comunicación habitual de máis de dous terzos do mesmos un feito que, segundo as conclusións desa investigación convérteno nun elemento de enormes potencialidades comunicativas. Agora está na man de empresarios, directivos e publicistas aproveitar esas posibilidades.