Nerea Pallares gana o premio Lueiro Rey de xornalismo cunha defensa da comunicación oral

A gañadora recibirá 1.000 euros

10/7/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: comunicación
49 lecturas | Compartido 0 veces

Nerea Pallares

A escritora lucense Nerea Pallares ganou o premio Lueiro Rey de xornalismo desta edición co artigo "Botar un conto". En palabras do xurado, o artigo "reflexiona sobre o pasado de comunicación persoal presencial e oral en relación co presente, coa modificación do noso xeito de vida polas novas tecnoloxías que nos rouban o máis prezado que é noso tempo", e destacou a "construción de expresións evocadoras e imaxes que nos levan aos espazos incluídos pola autora, a casa da aldea da avoa e o pequeno piso urbano da neta". Pallares obterá 1.000 euros polo artigo.

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Protagonistas
Conceptos