
'Na noite máis curta' (Ferror Records, 2025) é o sexto disco longo de Todo el Largo Verano (TLV), o proxecto liderado por Alberto Amigo e que completan Carolina RodrÃguez, Luis Paadin, Luis Blanco, Danny Abeledo, Elisa Sardiña, Camilo Fraga e José Carlos Iglesias "Joshua". O disco, escrito e producido por Amigo, créase conceptualmente a partir do tema que pecha o traballo, "Unha tarde no campo", e a súa idea é de celebración das noites de verán e do de vagar sinxelo e gozoso desta estación. Os trece cortes que o compoñen pódense dividir en catro momentos temporais: sesta, serán, noite e amencer. O disco foi gravado e mesturado en El Tercero por Amigo e en RRStudios por Danny Abeledo, onde tamén foi masterizado. A banda recoñece neste traballo as influencias das conacións de The Millenium, The Beach Boys, Belle & Sebastián, The Waterboys, The Beatles, Bob Dylan e Burt Bacharach entre outros. O son, moi apoiado nas cordas e incluÃndo ruÃdos da natureza, para o que conta tamén co Cuarteto Morris, busca a explotar a capacidade máis evocadora cara as sensacións que quere transmitir. O traballo está dispoñible no formato fÃsico en CD e tamén nas plataformas dixitais.