Desde que se instaurou o DÃa das Letras Galegas, institucións, fundacións, e particulares en xeral achegan o seu gran de area cada 17 de maio para que haxa unha gran festa. Concertos, descontos nos libros, monicreques, marionetas e todo tipo de actividades lúdicas son algúns dos actos organizados para o gran evento da cultura. Uns programas nos que os actos lúdicos e os literarios son os principais protagonistas.
Malia que o DÃa das Letras Galegas ten unha data fixada, as actividades non se concentran nese único dÃa, senón que se realizan arredor desa semana. Un evento ao que se foron engadido todo o tipo de colectivos e sociedades que buscan a máxima participación colectiva e a normalización lingüÃstica e cultural. Iso si, cada quen achega o seu gran de area do modo que mellor sabe facelo: os xornais impresos multiplicando as súas páxinas con especiais que expliquen a figura do homenaxeado (este ano Manuel LugrÃs Freire); o goberno, os concellos e as asociacións con concertos e actividades lúdicas; as librarÃas levando aos seus escaparates os tÃtulos recentes das literatura galega a prezos máis reducidos; as televisións programando produtos audiovisuais feitos no paÃs e os sitios webs con monográficos arredor da súa figura e ligando a todas as iniciativas que contribúen a súa explicación e contextualización.
A Coruña e os actos oficiais
A Real Academia Galega (RAG) é a institución que se encarga de fixar a personalidade á que se lle dedica o dÃa das letras galegas. Por tanto, as súas actividades son as consideradas como “oficiais” cada dezasete de maio. Este ano, a RAG trasládase ata Sada para celebrar a súa sesión plenaria. Os membros Xosé LuÃs Axeitos Agrelo, Xosé Neira Vilas e Xesús Ferro Ruibal intervirán no que é a actividade central deste dÃa.
Resulta curioso ver que A Coruña, sede da Academia Galega, celebra outro ano máis o seu “Cortexo cÃvico”. Trátase dunha iniciativa da asociación de veciños en colaboración coa ConsellarÃa de Cultura e que consiste nun percorrido-homenaxe polas casas dos académicos que viviron na cidade Vella da Coruña. Ademais, despois da marcha de Francisco Vázquez, o concello da Coruña celebrará por primeira vez o DÃa das Letras Galegas de xeito oficial. Faino con música (Susana Seivane e o grupo coruñés, Viva la leche!) e será hoxe martes 16, nas salas da Fundación Seoane.
A consellarÃa de Cultura tamén se suma ás actividades oficiais presentando “Praza das Letras”, unha publicación en papel que xira arredor do portal galego sobre o libro e a lectura, no que se inclúe un especial Letras Galegas 2006. Ademais, a ConsellarÃa estrea unha web que incorpora datos, xa non só de Manuel LugrÃs Freire, senón de todos os homenaxeados no DÃa das Letras Galegas.
Galicia móvese no dÃa das letras
Hai tantos actos, que resultarÃa imposible facer un calendario exhaustivo de eventos, pero aquà van uns cantos dos que están previstos para estes dÃas. Por unha banda, a Mesa pola Normalización LingüÃstica convocou unha manifestación en Compostela para o propio mércores (12:00 horas) baixo o lema “Porque temos, porque queremos, porque debemos”. Segundo figura no seu sitio web, pretende ser un evento maioritario para o que haberá autobuses que sairán desde diferentes puntos de Galicia. Tamén en Compostela, e coa colaboración da ConsellarÃa de Cultura, a Praza do Toural e a Alameda contará con obradoiros de internet, animación de rúa, obradoiros de xogos tradicionais, animación á lectura, teatro, música, contacontos e postos de librarÃas da cidade. Ademais, a Fundación Granell organizará un maratón de lectura, o Movemento pola Defensa da Lingua (MDL) desenvolverá un bookcrossing, chegarán á Praza do Obradoiro os camións de “A Cultura Circula” e continuarán as actividades do Museo do Pobo que se desenvolven desde o pasado luns.
Ata o vindeiro venres, a Asociación Monte Branco-O Couto de Ponteceso organiza xornadas de aproveitamento didáctico da música tradicional, unha pequena mostra de teatro “Manuel LugrÃs Freire”, con Carlos Blanco, Mofa e Befa, Volta e Dálle, Badius, Picompé e A Locomotora. Coas actuacións de “Os Quinquilláns”, lembrarán a figura de Manuel MarÃa e coas de “a Quenlla” a Mini e Mero. Complétase a celebración coa mostra do Libro Galego, o concerto de Mamá Cabra, un recital poético para escolares e o concerto de música infantil Escola na Rúa.
En Vigo continúa a Semana das Letras Galegas, en Ourense, ademais dun bookcrossing, organÃzanse novas as iniciativas dentro da Temporada das Letras 2006. En Oia, Pilar GarcÃa Negro ofrecerá unha conferencia sobre RosalÃa de Castro, mentres que en Redondela os establecementos de restauración, bares e comercios decorarán os seus escaparates con motivos da cultura galega e pola localidade pontevedresa haberá estatuas vivintes que lembren a autores galegos. Por outra banda, a Festa da Lingua de Laracha contará cun concerto e a proxección dun DVD con dous clips de Zénzar.
En Lugo, o Museo Provincial de Lugo unifica a celebración do DÃa das Letras Galegas co DÃa Internacional do Museos (xoves 18) e a Noite dos Museos (sábado 20) para facer a “Semana do Museo 2006”. Un programa que inclúe exposicións virtuais, obradoiros de pantasmas e espectáculos de maxia.
DÃa das Letras fóra
O DÃa das Letras galegas tamén se celebra fóra. A ConsellarÃa de Cultura promoveu o concerto de Budiño, que se celebrou o pasado sábado (dÃa 14) no “Teatro bambalinas” de Bos Aires (Arxentina). Ademais, o goberno tamén colabora nas actividades que Xarmenta organiza no Bierzo, é dicir, na actuación dos grupos de teatro “Achádego” e “Villafranquino” en Vilafranca e na mostra de Tanxarina en Cacabelos. Por outra banda, a Fundación Galicia Europa súmase á celebración do DÃa das Letras Galegas cunha programación de actos para achegar a lingua e literatura que conta coa participación de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e de Carme Adán, secretaria xeral de Igualdade. Polo demais, o pasado xoves David Mackenzie ofreceu unha conferencia en Milwaukee sobr a cultura galega, mentres que en Tréveris (Alemaña) celebrarase este venres e sábado o DÃa da Galicia.
En Madrid, a Universidade Complutense e a GalerÃa Sargadelos ofrecerán unha conferencia na que o profesor Roberto Pascual falará sobre o teatro de LugrÃs. En Barcelona, a UAB acollerá unha conferencia do experto en LugrÃs, Xabier Campos e fará entrega do premio Risco. Pola súa parte, na Universidade de Salamanca e en Canarias e en Murcia celebrarase a efeméride cun ciclo de cine galego.
En Portugal, o Centro de Estudos Galegos, en colaboración coa Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Lisboa, co Instituto Cervantes e coa Biblioteca Museu República e Resistencia, celebrará unha mesa debate "Escribir e ler en Galicia hoxe" mentres que o Instituto Cervantes acollerá unha exposición de primeiras edicións de clásicos galegos cedidos polo director do centro en Lisboa, Ramiro Fonte.
Os medios
Os medios de comunicación impresos e audiovisuais non quixeron permanecer alleos á celebración e achegan o seu gran de area. “La Voz de Galicia” repartirá o exemplar “Manuel LugrÃs Freire. O Compromiso”, editado pola Biblioteca Gallega e que contén unha escolma de poemas, contos cartas e discursos do intelectual nado en Sada. Pola súa banda, “Galicia Hoxe” cumpre tres anos no dÃa 17 e repartirá por fascÃculos o libro “Todo pasa, todo queda”, a revista “Maneiras de vivir” e a camiseta “DÃa das letras”. Pola súa banda, os xornais “La Región” e “Atlántico Diario” ofrecerá unha biografÃa e obra de Manuel LugrÃs Freire.
Por último, a Televisión de Galicia vólcase co DÃa das Letras na súa programación, tanto nos espazos culturais, como informativos e infantÃs. En primeiro lugar co espazo “Galicia Documental”, no que analizará ao intelectual homenaxeado; en segundo lugar, no programa “Miraxes”; en terceiro lugar en “Onda curta”, que ofreceu videoclips de grupos galegos; en cuarto lugar porque a programación do dÃa 17 estará dedicada ás letras galegas. Pola mañá emitirán un concerto da Federación das Bandas Sinfónicas de Galicia, o programa “A revista” emitirá en directo os actos de homenaxe da Real Academia Galega, ademais de facer unha entrevista ao seu presidente. O programa de mañá de “Libroaberto” dedicará unha parte do programa á obra de LugrÃs Freire. A programación continúa o xoves con “Volver ao rego” (dÃa 18) no que Barreiro Rivas convidará á súa tertulia a César Antonio Molina, Antón Reixa e Teresa Moure. Ademais, a TVG estreará “Planeta FantasÃa”, unha serie destinada a escolares de entre 4 e 8 anos, onde catro monicreques propoñen unha aventura pola literatura infantil.
DÃa de internet
O 17 de maio é tamén o dÃa mundial de Internet, das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Por iso hai iniciativas que conxugan as dúas celebracións, a ConsellarÃa de Innovación pretende que a lingua se integre nas oportunidades que ofrece a rede. Para iso está previsto unha serie de medidas entre as que figura “17 conexións co galego”, os concursos “A tinta nas letras” ou “O galego no espello”, o portal “macomun.org”, asà como a presentación de novas ferramentas informáticas en galego.