Onte coñecéronse por fin as propostas de Antonio Pernas e de Roberto Verino para a tempada outono-inverno do 2002. Liñas sobrias con reminiscencias románticas e minimalistas no caso de Pernas, e unha colección de mestizaxe coa roupa de Asia Central no caso de Verino acadaron a aprobación dos asistentes ó desfile de onte. Xa o pasado martes Kina Fernández abrÃa a presencia galega na mostra cunha decidida aposta pola recuperación das liñas do romanticismo decimonónico pasadas pola peneira da modernidade.
Verino e Pernas
Roberto Verino saiu onte á noite á Cibeles, logo da súa ausencia na última edición, retomando a inspiración das viaxes e de Asia Central. As prendas aparentemente imperfectas e traballadas artesanalmente. O punto, a lá ou a pel foron o material escolleito para os abrigos longos que se cinguÃan con cinturóns. Tamén capas de cores naturais, botas, e cortes asimétricos compuñan unha colección baseada en tons que Ãan do beige ó marrón ou o verde.
Verino manifestou a súa satisfacción polo funcionamento desta edición da pasarela, resaltando a autonomÃa que tivo para buscar patrocinadores e para organizar o VII Desfile de Creadores, asà como a súa conformidade coa elección de modelos.
No mesmo sentido pronunciouse Antonio Pernas que, coma Verino, retornaba á pasarela logo de faltar á última edición. Segundo el "isto foi unha negociación contnua polo ben da moda desde que marchamos; non houbo unha ruptura, houbo unha paréntese".
Pernas presentou na Cibeles unha colección que lembraba o modernismo de comezos do seculo XX, con cinturóns inspirados no art-nouveau sen abandonar o seu estilo minimalista e o seu xogo coa cor negra.
Os dous creadores pronunciáronse a favor de que, no caso de unificarse as pasarelas Cibeles e GaudÃ, a pasarela única se ubicase na capital do Estado.
Os desfiles destes dous creadores contaron coa presencia do Presidente da Xunta, Manuel Fraga, que acudiu coa esposa do presidente do Goberno, Ana Botella.
Kina Fernández
O pasado martes foi Kina Fernández quen abrÃa a presencia galega na Cibeles aportando unha colección que apostaba decididamente pola recuperación do estilo romántico do século XIX. Mangas axustadas ós pulsos, saias longas, encaixes e chaquetas curtas eran algunhas das propostas da deseñadora, que combinaba estes elementos con transparencias, tecidos brillantes, cinturóns e cortes asimétricos. Segundo a creadora, a súa intencnión e aportar ás mulleres elementos combinables que lles permitan vestir de gala ou de xeito informal á súa elección. As cores predominantes nesta colección foron o negro, o burdeos, o branco e o fucsia.