O pasado mércores falecía, logo dunha longa enfermidade, Fernando García Varela. Aínda que retirado desde había moitos anos, este autor foi un dos máis destacados no panorama da banda deseñada dos anos oitenta e comezos dos noventa. As publicacións "Tintimán", "Valiumdiez" ou "Das Kapital" foron algunhas das que recolleron o seu persoal traballo. As historias de García Varela caracterizábanse por amosar unha estética pictórica e expresionista e tratar temas de fonda crítica social con ecos do punk. A orixinalidade da súa obra valeulle ser o autor seleccionado polo colectivo Frente Comixario para iniciar a súa colección de álbums, publicándose a escolma "Papagaio Spray" en 1993.
Máis información na ficha do autor e na ficha de Papagaio Spray