Este dous de marzo o Teatro Principal de Santiago acolle unha estrea moi especial. A obra "Os monólogos da vaxina" chega a Galicia logo de milleiros de aplaudidas representacións por todo o mundo. Pero a particularidade deste evento non é só a calidade dramática da obra, senón o ser parte dun proxecto internacional de loita contra a violencia de xénero que se desenvolve baixo o nome de V-Day.
Orixinariamente, "Os monólogos da vaxina" consistÃan nun texto teatral que escribiu Eve Ensler a partir de máis de duascentas entrevistas con mulleres. A obra recolle as máis variadas vivencias arredor deste órgano, desde a súa importancia de cara ao pracer ata a súa función no parto, desde experiencias traumáticas coma as violacións ata cuestións estéticas coma o rasurado xenital ("non podes amar unha vaxina se non amas os pelos. Moita xente non ama a peluxe. O meu primeiro e único home odiaba a peluxe. DicÃa que estaba enguedellado e sucio e fixo que rapase a vaxina", explica un dos monólogos). A partir desta obra, a autora puxo a andar unha organización contra a violencia de xénero que, co nome de V-Day, promove representacións benéficas desta obra e outras accións a prol dos dereitos da muller. Desde aquela, o texto traduciuse xa a trinta e cinco idiomas e agora, cando menos en parte, está tamén en galego.
De Nova York a Compostela
A primeira celebración do DÃa V foi en 1998 en Nova York. Un grupo de mulleres dedicadas ao teatro, á música e ao cine unÃronse para representar esta obra con fins benéficos. Desde aquela, e de acordo coa autora, decidiuse apoiar a repetición de eventos semellantes en todo o mundo. A idea é permitirlle a quen estea interesado representar a obra sen abonar dereitos polo texto. Isto sempre que a actividade se faga nas datas comprendidas entre o un de febreiro e o oito de marzo (DÃa Internacional da Muller) e que os beneficios se destinen a entidades contra a violencia de xénero. Ademais de dispor libremente dos textos, os organizadores locais teñen a limitación de poder encargarse só de dúas representacións da obra. Isto responde á idea de facer que se pase o testemuño e que, mesmo dentro dun mesmo lugar, diferentes entidades se fagan cargo da sucesiva organización do evento. O proxecto chega a agora a Galicia da man de Karen Campos, unha voluntariosa filóloga que nunca ata o de agora estivera vencellada ao mundo escénico. "Vin a obra dúas veces, a última nunha representación polo V-Day en Irlanda, e gustoume moito. Logo apunteime ao web e comecei a coñecer as cousas que fai esta organización e pensei que serÃa bonito organizar unha obra en Compostela". Deste xeito púxose andar o V-Day galego.
Do local ao global
"V-Day funciona a través do voluntariado en cada lugar en que se organizan actos, o persoal da organización é mÃnimo. Ademais, o 90% dos cartos que se recadan van directamente a colectivos locais, e só un 10% reverte na organización", explica Karen. "O fin da organización é acabar coa violencia de xénero, incluÃndo a escravitude sexual, o tráfico de mulleres ou a mutilación xenital. Cada ano desenvolven ademais unha campaña de enfoque. Seleccionan un grupo de mulleres que sufren violencia de xénero e tentan sensibilizar sobre esta cuestión". Se o ano pasado se abordaban os crimes de Ciudad Juárez, e o anterior as mulleres de Afganistán, este ano as accións levan o lema "Xustiza para as `mulleres confort´". Con este nome eran coñecidas as escravas sexuais das que dispuña o exército xaponés en China durante a II Guerra Mundial.
Os textos
"A obra é moi orixinal, trata un tema que aÃnda é tabú e non se adoita abordar dun xeito tan directo. AÃnda que por unha banda é moi divertida, tamén é un texto moi emotivo", explica Karen. "Preocupábanos o que pensábamos encol das vaxinas, e aÃnda máis nos preocupa o feito de que non pensamos nelas", explÃcase na introdución da obra. Mabel Ribera será quen recite esta parte do texto, xa que actuará como condutora da obra e explicará cada unha das pezas que a compoñen. Canda a ela, unha chea de actrices poranlle vida ás diferentes visións que Ensler abordou sobre a vaxina. O esquecemento, ("¿Aló embaixo? Non fun aà desde 1953. Non, en verdade non tivo nada que ver con Eisenhower. Non, non, alá embaixo é un soto. É húmido e frÃo. Para nada quererás ir aló embaixo"), o descubrimento ("A miña vaxina é unha cuncha, unha fráxil tenra e redonda cunchiña rosa que abre e fecha, abre e fecha... Isto non o soubera sempre") ou a rabia ("A miña vaxina está furiosa. Está moi enfadada. A miña vaxina está cabreada e necesita falar. Necesita falar de toda esta merda") poderán verse sobre o escenario.
O traballo
En total catorce mulleres correron coa organización do evento, que conta coa colaboración do Concello de Santiago e mais da Xunta de Galicia. Desde a tradución ao galego de boa parte dos textos, á coordinación dos voluntarios que traballan para dar a coñecer a actividade, pasando polo deseño dos carteis ou a dirección da obra, que vai por conta de Martina MartÃnez. A maior parte destas voluntarias (o V-Day só permite que cobre o corpo técnico que colabora na obra, obrigando a que mesmo as actrices participen de xeito altruÃsta) non se coñecÃan de xeito previo á posta en marcha do proxecto. "Puxemos carteis dicindo que buscábamos actrices para a obra. Logo fomos reunindo xente polo boca a boca. Foi unha sorte tamén encontrar a Martina, que nos puxo en contacto con varias actrices afeccionadas", explica Karen. O grupo, ademais, conta cunha boa representación internacional. "Hai dúas italianas, unha escocesa, dúas rapazas de Barcelona e outra de Madrid", sen contarmos a propia Karen, que é medio irlandesa. Tres reunións semanais para preparar todo o proxecto, ensaios, debates... A elaboración desta actividade puxo nun estreito contacto as participantes. "É moito traballo. Está ben porque coñeces xente nova, e ves que hai moito interese pola idea, e iso está ben, pero é moito traballo", recoñece Karen. Un dez por cento dos cartos recadados deste xeito irán destinados á propia organización do V-Day. Todo o demais deberá destinarse a asociacións locais que traballen a prol da violencia de xénero. Desta volta, son A Asociación Liberanza e o Centro da Muller Vagalume os colectivos composteláns beneficiarios do evento.
Outras V
Ademais das representacións, que se poderán ver os dÃas 2 e 3 de marzo no Teatro Principal, a celebración do V-Day de Compostela, ampliado a Semana V, inclúe a proxección documental "Infancia rota" na Aula Sociocultural de Caixa Galicia o dÃa 6. Este evento irá acompañado dun coloquio encol dos abusos sexuais á infancia no que colaborarán diferentes especialistas neste campo. Ademais, e seguindo as bases que impón a organización, acordouse o nomeamento de dúas "Guerreiras da vaxina", un tÃtulo honorÃfico que recoñece o esforzo en contra da violencia de xénero. "Para esta nomeamento escollemos a Pilar González, que foi fundadora e directora da Casa de Acollida de Santiago e continúa a traballar desde a asociación Liberanza e en colaboración coa Fundación Paideia. Logo tamén quixemos recoñecer a Eva Fernández, representante da asociación catalá Fada, que vai participar no coloquio sobre abusos sexuais á infancia e quere artellar en Galicia un colectivo que traballe sobre este tema", explica Karen.
Sinerxias
Ademais do que é a representación para recadar fondos, as actrices e as coordinadoras da obra tiveron unha sesión de traballo coas mulleres acollidas en Vagalume. "Alà teñen un taller de teatro, e gustoulles tanto a idea que mesmo algunha das participantes dixo que o mesmo se animaba a interpretar algún papel para o vindeiro ano". As sinerxias do V-Day Compostela non acaban aquÃ. O concello de Rois vai contar tamén coa súa propia celebración. O mesmo equipo e as mesmas actrices representarán no baixo do colexio deste concello a obra. Desta volta, ao ser un evento diferente, os cartos irán para a Asociación AlecrÃn. Segundo explica Rosario RÃos, coordinadora local do evento, este colectivo compostelán presta atención a varias mulleres do concello. Para o vindeiro ano veremos se o evento se consolida e o V-Day faise unha cita máis no noso panorama cultural.