A lóxica que se agocha detrás das máscaras na sociedade tradicional é ben diferente da que estamos acostumados a percibir nos entroidos modernos. Xosé Manuel González Reboredo, coordinador da sección de AntropoloxÃa do Consello da Cultura Galega, explÃcanos que "hai que diferenciar os entroidos urbanos desta sociedade postindustrial dos tradicionais. Na actualidade as máscaras refÃrense a personaxes de carácter supralocal ou universal". Arquetipos coma bruxas ou pallasos son habituais nas nosas rúas nestas datas, compartindo espazo con representacións de celebridades do mundo do espectáculo ou da polÃtica, a miúdo vendidas de xeito masivo. "Todo isto fai parte dunha dinámica comercial do concepto de máscara", explica Reboredo. Ao tempo, debemos desbotar a idea de que, na celebración tradicional do Entroido, os disfraces teñan como fin básico ocultar a identidade do portador. "Na sociedade tradicional non se dá a ocultación da persoa tras a máscara. Polo xeral todo o mundo sabe quen é quen", explica Reboredo. Esta situación é normal en veciñanzas pequenas onde, especialmente nos casos de traxes máis elaborados, a mesma persoa viste o mesmo ano tras ano, único e personalizado. "A idea é mudar a personalidade ao mudar o aspecto e facer como que se é outro", completa este antropólogo. Para alén das funcións rituais e teatrais ás que responden determinadas máscaras, a idea fundamental destas modificacións do aspecto é a de agochar a personalidade de quen as emprega.
Reciclaxe enmascarado
Como é evidente, a sociedade tradicional, ao contrario que a urbana, tende a empregar disfraces de tipo máis local e artesanal. AÃnda que estamos acostumados a coñecer os disfraces tradicionais máis vistosos e elaborados coma os peliqueiros ou cigarróns, os boteiros, os vergalleiros ou as pantallas, con elas convivÃan e aÃnda conviven formas de enmascaramentos máis sinxelas e case improvisadas. "AÃnda puiden ver eu hai coma vinte anos en vila de Cruces, a carauta máis sinxela que se pode pensar, unha simple filloa enriba da cara, con dous buratos para os ollos", sinala Reboredo. Poñer a roupa do revés ou vestirse con traxes do sexo contrario (especialmente os homes), eran métodos habituais e chegaban mesmo a ter unha certa ritualización. "Era común que os homes se vestisen de choronas para despedir o Entroido, do mesmo xeito que as vellas que facÃan o pranto nos enterros reais". Tamén aproveitar a roupa pasada de moda é unha opción xa antiga para estes mesteres. "Xa hai uns cen anos, cando o traxe tradicional galego comezaba a quedar en desuso, ás veces empregábase para disfrazarse".
Oficios de burla
Unha prenda bastante habitual para este cometido era a coroza, a grande capa de palla ou de canas que servÃa nos dÃas comúns para se gorecer das choiva e que nas datas máxicas de Entroido convertÃa o seu usuario nun ser diferente. Outras propostas comúns eran os disfraces de oficios. "No agro vestÃanse para facer sátira de oficios non labregos, como os sacamoas ou os limpabotas. Curiosamente, en Vigo, con disfraces coma os dos escabicheiros ou merdeiros facÃase burla precisamente dese mundo labrego". E é que estes personaxes representaban os traballadores que chegaban dos arredores da cidade para limpar pozos negros ou levar os restos do peixe.
As campás da primavera
Nos casos daqueles outros disfraces máis elaborados e tipificados, como son os peliqueiros ou as pantallas, detrás da súa aparente variedade xace toda unha serie de riscos comúns. "Unha caracterÃstica que posúen todas estas máscaras é que todas levan campaÃñas ou chocallos", explica Reboredo. Esta asociación ao ruÃdo metálico está tamén presente en traxes tradicionais para estas datas en moitas áreas de Europa. "Isto documéntase desde a Idade Media. Hai teorÃas que o relacionan con costumes estendidas por todo o mundo de empregar o son do metal para escorrentar os espÃritos malignos. Tamén o que se encontra en boa medida nas campás das igrexas, pero é evidente que a dÃa de hoxe ninguén cando viste un peliqueiro pensa que está a afastar o mal". A maiores, Reboredo sinala que polo momento en que se desenvolve a festa do Entroido, o mal debe identificarse co inverno que comeza a pasar.
Os animais na máscara
Tamén posúen en común todos estes traxes o representaren personaxes que teñen unhas certas caracterÃstica animais, aÃnda que nalgúns casos non quedan neles restos fÃsicos deste simbolismo. Segundo explica Reboredo, estes disfraces "representan a parte máis carnal do home. Son personaxes que non falan e, no caso dos peliqueiros e dos cigarróns, levan unha pelica de animal a lles cubrir a cabeza e representan un animal na súa propia máscara". O comportamento animal tamén se representa no comportamento agresivo cara á xente que teñen habitualmente vergalleiros ou cigarróns.
O oso
A animalidade dos disfraces chega ao seu estremo na tradición do Oso que cada Entroido sae aos camiños en Salcedo, en Pobra do Brollón. "Esta é a única mostra actual no noso paÃs dunha tradición que antes estaba estendida en boa parte de Europa", sinala Reboredo. Desta volta a máscara representa directamente un oso, que acompañado dunha tropa tamén disfrazada ataca en broma aos veciños. "Este é un animal que representa a natureza salvaxe. ExistÃa en moitos lugares a crenza de que polo Entroido o oso saÃa do seu tobo, e se atopaba a lúa chea metÃase de novo, se a vÃa nova, xa quedaba fóra", explica este antropólogo. Entón, o feito de tisnar a cara de negro serÃa un xeito simbólico de "ocultar a lúa" para que o oso quede fóra e chamar asà a primavera. Todos estes elementos remiten, como moita outra destes tempos, ao fin do inverno o comezo da primavera.
Variedade única
Todos estes traxes contribúen, segundo Reboredo, a afianzar a identidade local polo complicado proceso de elaboración artesanal que requiren e que esixe a participación de boa parte da aldea. "Estas máscaras pertencen á mesma familia, e como moitas concepcións do Entroido configúranse na Idade Media", aÃnda que advirte que houbo desde aquela moitas modificacións nas indumentarias tradicionais. "A chaqueta curta dos peliqueiros e dos cigarróns, por exemplo, vén do século XVIII, e en xeral a sofisticación destes traxes dáse nesa época". AÃnda hai moitos outros costumes particulares, como os Xenerais do Ulla ou as danzas de Madamas e Galáns que posúen caracterÃsticas e simboloxÃas propias. E é que, sen saÃr da tradición, as posibilidades para se camuflar nestas festas son moi variadas.
Os traxes do Entroido
Volantes no Entroido de Nogueira de Miño. Chantada. Lugo.
FONTE: Proxecto Galicia. Tomo XXVII AntropoloxÃa. Hércules de Edicións.
Os traxes do Entroido
Pantallas no Entroido de Xinzo de Limia. Ourense.
FONTE: Proxecto Galicia. Tomo XXVII AntropoloxÃa. Hércules de Edicións.
Os traxes do Entroido
Peliqueiro no Entroido de Laza. Ourense.
FONTE: Proxecto Galicia. Tomo XXVII AntropoloxÃa. Hércules de Edicións.
Os traxes do Entroido
Boteiros no Entroido de Viana do Bolo. Ourense.
FONTE: Proxecto Galicia. Tomo XXVII AntropoloxÃa. Hércules de Edicións.
Os traxes do Entroido
Imaxe de oso no Entroido de Salcedo.
FONTE: Proxecto Galicia. Tomo XXVII AntropoloxÃa. Hércules de Edicións.
Os traxes do Entroido
Xeneral do Entroido de Santeles. A Estrada. Pontevedra.
FONTE: Proxecto Galicia. Tomo XXVII AntropoloxÃa. Hércules de Edicións.