Juan Carlos Fernández Fasero é unha desas figuras ó redor das que xiran moitas das producións máis coñecidas do panorama musical galego, de feito xa tivo tres candidaturas aos Premios da Música que organizan a SGAE e a AIE. Por outra banda foi o produtor do traballo "Tolemia" de Cristina Pato, asà como de Mutenrohi. Este músico, produtor e compositor presenta agora un traballo en solitario "Mar de Mares" (Zouma Records, 2001). Fasero amosa a súa capacidade de interpretación coa guitarra, mesturando o pop coa música celta e a chamada world music. O son que destila Mar de Mares amosa claramente as influencias de guitarristas mÃticos neste compositor como Mike Oldfield ou Carlos Santana, O músico fai con estes 10 temas un percorrido dende aqueles que nunca se atreveu a gravar ás propostas máis modernas e avanzadas dentro da world music. Como case sempre, os discos en solitario están cheos de colaboracións. No caso de "Mar de Mares" a Fasero o acompañan, ademais dos seus compañeiros do grupo Mutenrohi, Cristina Pato, nas gaitas, as cálidas voces de Laura Arbiol e Cristina Barriga, os violÃns de Ricardo Mourente, e tamén os teclados de Juan de Dios. O disco foi gravado case integramente na "Casa de Tolos" por Segundo GrandÃo, e a produción artÃstica correu a cargo do propio Fasero e de GrandÃo.