Nuns págase, noutros non. Nalgúns hai dÃas de balde e, en xeral todos ofertan descontos atendendo á idade e a se a visita de fai en grupo. A polÃtica de prezos dos museos galegos é un panorama complexo no que se mesturan as necesidades económicas coa intención de difundir ao máximo os contidos que se expoñen. As últimas tendencias apuntan a modalidades de acceso adaptadas aos usuarios.
O intento por dar a coñecer o centro e os seus contidos crúzase coa necesidade de sosterse economicamente á hora de decidir o prezo de entrada para os museos. Ata centros tan importantes coma o Museo do Prado recoñecen que a achega económica que supoñen as entradas é un dos fluxos máis importantes cos que contan os museos. Se ollamos algúns dos últimos centros museÃsticos importantes que abriron no noso paÃs, coma os Museos CientÃficos Coruñeses ou o Verbum, o MARCO e o Museo do Mar de Vigo, a tendencia é a cobrar unha entrada, achegando, iso si, todo tipo de facilidades e establecendo dÃas de balde.
TÃtulos
Detrás das grandes variacións que existen en canto a prezos e modalidades de visitas aos museos está, en grande medida, a diferente titularidade dos mesmos. E é que, para alén dos museos que xestiona a Xunta hai centros deste tipo xestionados por concellos, como por exemplo a Rede de Museos de Allariz ou por fundacións, como o Museo das Mariñas en Betanzos. A "GuÃa de Museos de Galicia" que realizou MarÃa de la Paz Varela recolle máis de setenta destes centros repartidos pola xeografÃa do noso paÃs, mentres que a Páxina de Turgalicia cifra en 147 os recursos deste tipo, o que nos pode dar unha idea da dispersión que existe no campo. De xeito curioso, non sempre a dependencia de entidades con maior posibilidades económicas está directamente relacionada coa gratuidade. Non son estraños os casos de proxectos municipais ou privados nos que se prima o libre acceso ás necesidades económicas. Un exemplo claro disto é o propio Museo do Pobo Galego ou o de concellos coma o de Ponteareas. Ao tempo, outros concellos prestan atención ás necesidades económicas e establecen unha entrada, como é o caso do Museo Etnográfico da Limia, en Vilar de Santos. As diferentes posibilidades económicas dos propietarios, ou a propia concepción do feito museÃstico levan a que se aborden distintas polÃticas neste sentido.
Cantidade e calidade
"A relación entre os museos e o seu público é una cuestión máis complexa do que pode parecer. Os museos non aspiran simplemente a incrementar o número de entradas", explica MarÃa Xosé Fernández desde o Consello Galego de Museos. Segundo destaca esta especialista en museoloxÃa, as cifras de visitas dependen en boa medida do considerado "público preso", formado por visitas escolares e de grupos da terceira idade, fundamentalmente. Desta maneira, e segundo concluÃron os membros do Consello Galego de Museos no seu oitavo coloquio, o obxectivo xa non é tanto conseguir un grande número de visitas senón "que a visita propicie a transmisión efectiva de coñecementos e de experiencias, no ánimo de que os habituais dos museos amplÃen a súa visión do mundo, exerciten a súa capacidade crÃtica e practiquen, mediante fórmulas de interacción, as súas propias opcións de achegamento aos contidos expostos".
Transferencias e Europa
Algunha das diferenzas que pode semellar máis destacada é o feito de que dentro dos museos que xestiona a Xunta de Galicia, uns son de cobro e outros non. Por unha banda, existen centros de titularidade autonómica, coma o Centro Galego de Arte Contemporánea ou Museo Pedagóxico de Galicia que se poden visitar de balde. Pola outra, hai unha serie de museos que posúen titularidade estatal pero que xestiona o goberno autonómico e que esixen o pago dunha entrada, como é o Museo da Peregrinacións, o de Belas Artes da Coruña ou o Arqueolóxico de Ourense. Detrás desta aparente contradición está unha sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo que considerou que o anterior réxime de pago, que facÃa os museos gratuÃtos para os cidadáns do Estado e de pago para os estranxeiros, vulneraba a igualdade dos cidadáns da Unión Europea. Isto provocou que o Goberno Central optase, en 1994, por obrigar ao pago en todos os seus centros, unha medida que tamén afectou a aqueles que están transferidos. Ao tempo, moitas administracións autonómicas, deputacións e outros organismos optaron por manter a gratuidade.
O problema do prezo
Un dos centros onde o prezo das entradas cobrou máis relevancia nos últimos anos foi no Vérbum – Casa das Palabras, en Vigo. Este centro abriu ao público con entrada de balde durante o seu primeiro mes de existencia. Logo do trinta e un de maio de 2003, o prezo estipulouse en 5 euros na categorÃa xeral, a entrada máis alta para un centro do paÃs. Deste xeito, se nese primeiro mes se deron 50.000 visitas, desde entón ata o final do ano só acudiron dez mil visitantes máis. Nun intento de mellorar as cifras de visitas, en 2004 apostouse por reducir o prezo de entrada ata os actuais tres euros cunha entrada reducida de só dun, podendo acceder de balde menores de 7 anos e mestres non universitarios.
De balde
Se o usuario considera, como semella que pasou co Verbum, que é o prezo o problema para visitar determinados museos, a escusa derrúbase cunha ollada ao calendario. Non é estraño que moitos centros establezan xornadas de portas abertas que se desenvolven cada certo tempo. A data máis habitual para estas ofertas é, como non, o DÃa dos Museos, que se celebra cada 18 de maio, pero cada caso establece diferentes datas para a gratuidade. Deste xeito, os Museos CientÃficos Coruñeses, poden verse de balde en dÃas coma o Martes de entroido, o dÃa da Virxe do Rosario, o DÃa da Ciencia na Rúa ou ao longo de toda a Semana da Ciencia, que se celebra en novembro. Do mesmo xeito, os museos estatais que xestiona a Xunta son de balde sábados pola tarde e mais domingos o dÃa enteiro.
De rebaixas
Se non de balde, é moi sinxelo conseguir suculentos descontos nas entradas de moitos museos. Os carnés, Xove, de estudante, tarxetas de xubilado e outras semellantes dan dereito a unha redución de tarifa na maior parte deste centros. Outra opción interesante se queremos pagar menos polas visitas, é acudir coma grupos organizados. O concepto de grupo e variable, e vai desde as vinte persoas que considera o Verbum ás dez que conta o MARCO. Outra posibilidade que se oferta nalgúns casos é a adquisición dun bono que permite visitar diferentes centros a un prezo rebaixado. Esta oferta achégana, por exemplo, os Museos CientÃficos Coruñeses ou a Rede de Museos de Allariz. En xeral, segundo aseguran desde o Consello Galego de Museos, "os museos pasaron de contabilizar visitantes a estudar o seu público, real e potencial. Nesta mesma liña, préstase cada vez máis atención aos grupos especÃficos con problemas de mobilidade ou percepción, que esixen unha integración total nos servizos museÃsticos". Unha das opcións que se están a fomentar desde centros coma o MARCO ou a Casa da Ciencias, e que semella que agora quere adoptar tamén o CGAC, é a creación dunha Asociación de Amigos do Museos. Os membros deste colectivos obteñen, a cambio dunha cota fixa, teñen acceso gratuÃto ou descontos permanentes na entrada ao centro e na participación das actividades que organiza o mesmo.
Un sistema orixinal
A medio camiño entre o cobro sistemático e a gratuidade existen propostas coma do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Este centro establece un dÃa cada semana no que é o visitante quen decide canto quere pagar por acceder ao recinto, unha modalidade común en centros doutros paÃses pero totalmente anovadora en Galicia. "Esta modalidade ofrece por si mesma máis posibilidades que a entrada gratuÃta", explican desde o MARCO. "O `ti decides´ dá ao visitante a posibilidade de valorar o servizo e produto que se lle ofrece. Moita xente prefire decidir o pago unha vez que ten visto ás exposicións, o que supón que o visitante está asumindo a súa responsabilidade na valoración dun produto cultural", destacan. Este sistema tamén se aplica, no xeito tradicional de facer achegas voluntarias para o sostemento do museo, en centros pequenos como é a casa-museo de Otero Pedrayo.
Especialización
Coincidindo coas tendencias que sinalan desde o Consello Galego de Museos, no Museo de Arte Contemporánea de Vigo destacan que o criterio que determina o prezo de entrada "non é unicamente económico senón que máis ben está vencellado ao concepto de museo, á valoración dos servizos que ofrece, e á diferenciación entre necesidades, intereses e tipos de público". Ademais apuntan que, coas súas diferentes ofertas, " é moi difÃcil que unha persoa interesada en visitar o MARCO non atope a oportunidade de facelo pola vÃa gratuÃta" ou, cando menos, rebaixada. O mesmo acontece cunha boa parte dos centros deste tipo que existen no paÃs. AÃnda tendo en conta que hai museos de pequeno tamaño que non adoitan facer descontos nin xornadas de portas abertas de xeito habitual, o prezo non é unha escusa para deixar de acudir a estes centros, xa que en moi poucas ocasións supera os catro euros. Asà que é cousa de animarse.