É un libro. É un filme. É unha exposición. É música. É unha obra de teatro. É un grupo de xente. É todo iso e aÃnda algo máis. Esperta Zoe é unha iniciativa multidisciplinar que combina e retroalimenta as máis variadas expresións artÃsticas coa intención de dinamizar a vida cultural da cidade de Lugo. Máis de oitenta persoas que, co apoio de diversas institucións, están a desenvolver unha intensa actividade artÃstica este Nadal na Cidade das Murallas.
Carente de grandes infraestruturas e sen unha programación estelar, a cidade de Lugo adoita pasar inadvertida no mapa da nosa cultura. Existe, iso si, un amplo movemento de base que reúne iniciativas do máis variado, pero que raramente se dan a coñecer fóra da Cidade da Muralla. Foi nesa intensa actividade cultural asociativa e de afeccionados onde fermentou Espera Zoé, unha proposta que quere proxectar a nivel galego esas iniciativas mediante a interacción de diferentes propostas artÃsticas. "Parece que non, pero en Lugo fanse moitas cousas, o que pasa é que quedamos moi afastados dos circuÃtos culturais galegos", explica Rubén Pérez, un dos fundadores desta iniciativa.
Orixe
O proxecto nacÃa xa o pasado mes de setembro, coa presentación dun nutrido grupo de xente nova preocupada por desenvolver a súa creatividade. "Esperta Zoe naceu hai cousa dun ano en diferentes partes de Lugo, obradoiros e cursos que aproveitamos moita xente para nos xuntar", explica Pérez. Deste o colectivo salientan a importancia do traballo asociativo e de diferentes colectivos de afeccionados na xestación desta proposta. "Hai un labor de grupos de teatro, colectivos, e asociacións que está sempre nas cidades e que, neste caso, nós xuntamos". Boa parte do proxecto ten o seu xermolo no Rincón Literario, unha sección de literatura que o propio Pérez desenvolve no suplemento universitario do xornal `El Progreso´. "Alà fomos vendo as relación entre pintura e literatura, e o xeito en que se podÃan facer relatos sobre debuxos e viceversa, e quedaron cousas moi lindas. Logo vimos que se podÃa facer unha curta con este sistema, unha exposición e mesmo un libro. Entón pensamos en presentar isto con teatro e con música". E foi máis ou menos deste xeito como naceu un proxecto que ten na interacción entre as diversas artes a súa base, e que se presentaba o pasado mes de setembro con sesenta compoñentes. "A maiorÃa da vida cultural nova de Lugo está no proxecto. Hai outra xente que está facendo cousas, que os coñecemos e que nos gustarÃa incorporalos, pero está case toda", sinala Pérez. Na actualidade, e segundo o último reconto, xa son unhas noventa as persoas que participan nesta iniciativa, que presentaba o pasado vinte e tres de decembro a súa proposta artÃstica na cidade.
A artes en conxunto
"Presentouse todo a través dun espectáculo de teatro e de música", explica este activista cultural. A obra teatral explica o propio concepto de Esperta Zoe (palabra grega que significa vida e creatividade) mediante a metáfora dun escritor que está ante o folio en branco e que recibe unha colorida inspiración. Todo a cargo de trinta actores coordinados no Taller de Arte Dramática do Campus de Lugo e na CompañÃa Experimental do Colexio Fingoi, co apoio da música que o grupo Hora Muerta compuxo para a ocasión seguindo o desenvolvemento da obra. Este espectáculo levou aos espectadores desde o exterior do CÃrculo de Belas Artes da cidade ata o interior do local, onde se procedeu á proxección do filme "Idem". Esta proposta, dirixida por Brian RodrÃguez, retrata tamén o proceso da creación desta volta amosando un autor perseguido por si mesmo. Esta filmación conta tamén cunha versión literaria que se desenvolveu a partir do guión. Canda a estas actividades, tamén o vinte e tres se inauguraba a mostra "Esperta Zoe, un sorriso cultural". Cadros feitos sobre relatos e relatos feitos sobre cadros, canda a varias obras achegadas pola Asociación SÃndrome de Down de Lugo pódense ver tamén no CÃrculo. Parte dos dezaseis pintores desta mostra traballaron tamén co grupo teatral a retratar o desenvolvemento da obra. Esta interacción artÃstica dá aÃnda un paso máis coa realización dunha curta, que se presentará en breve, que tamén toma un relato feito a partir dunha pintura como base.
Edición e futuro
Como se pode ver, todo ten que ver con todo e, se aÃnda nos faltaba algún soporte, un libro que sairá publicado o vindeiro mes de xaneiro recollerá o aspecto máis literario da iniciativa. Mil exemplares que inclúen narrativa, poesÃa e mais teatro, canda a ilustracións. "O que máis diferenza Esperta Zoe doutras iniciativas é o seu carácter experimental pola interrelación entre diferentes disciplinas. E logo que, aÃnda sendo un proxecto de xente nova con moitÃsima ilusión, está totalmente organizado", destaca Pérez. O ambicioso proxecto conta coa colaboración de toda unha serie de colectivos e institucións coma o Concello, a Escola de Imaxe e Son da Deputación ou a Universidade de Santiago. A idea nun futuro inmediato é levar o proxecto a outros lugares, tanto a exposición e o espectáculo como a idea. "Pódese realizar en calquera concello cos creadores locais. Pensamos que en certo xeito une a xente e os artistas da cidade,e pode ser un vÃnculo moi bo", destaca Pérez. O colectivo non deixa de pensar novas propostas, e é de agardar que no futuro Esperta Zoe continúe a acordar en certo xeito a cultura do paÃs desde Lugo.