O festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán amosa estes días en Compostela o que poden facer algúns dos múltiples grupos de teatro afeccionado que existen no país. Para boa parte da xente que non pertence a este mundiño, o nome do festival propicia unha pregunta inmediata: ¿Quen foi o Agustín Magán que lle dá nome a este evento? A xeito de resumo podemos dicir que foi a alma mater do máis antigo grupo de teatro amador galego que continúa en activo. O Teatro de Cámara Ditea, de Compostela.
En colectivos que dependen do traballo voluntario e non remunerado dos seus membros, a lonxevidade é un grande mérito. O grupo de Teatro de Cámara Ditea naceu en Compostela en 1960 e sigue en marcha na actualidade. Corenta e cinco anos de traballo interrompido nos que se recolle a evolución da escena galega e da Historia Social e Cultural do País. Estes datos sitúan o grupo coma o máis antigo que existe en activo na actualidade. "Que nós saibamos é o grupo máis antigo que funcionou ininterrompidamente en Galicia. Houbo algún outro, pero tivo pausas no seu funcionamento", explica Alberto Álvarez, membro histórico deste grupo que desempeña na actualidade un cargo na directiva do mesmo. Esta traxectoria outorgoulle a Ditea o dereito indiscutible de figurar nos anais do teatro galego, e a homenaxe ao seu fundador e principal bastión, Agustín Magán, chegou por parte do sector ao lle dar o seu nome ao festival de teatro afeccionado do noso país.
Magán e Ditea
O nome de Ditea está indisolublemente ligado ao do seu fundador, Agustín Magán. "Magán foi o auténtico baluarte de Ditea, facíao todo, desde escribir e adaptar as obras que se representaban ata se dedicar á escenografía e á publicidade do grupo". Destaca Álvarez a grande capacidade de Magán para adaptar os textos dramáticos ás posibilidades que tiña o grupo en cada momento. "Dun personaxe facía dous ou tres e duplicaba actores para que todos chegasen ao escenario". Tamén o completísimo arquivo do grupo, que recolle polo miúdo estes corenta e cinco anos de historia con listas de socios, producións e todo tipo de datos, foi responsabilidade de Magán. A importancia deste home para o grupo fica de relevo cando Álvarez asegura que o seu falecemento, en 1997 supuxo un grande descenso na actividade do grupo. "Non se parou pero si se notou a falta dunha persoa que dedicaba as vinte e catro horas do día ao grupo. Aínda estamos no proceso de reparto de tarefas, temos que distribuír todo o traballo que antes facía el".
Outros nomes
Corenta e cinco anos de traballo dan, evidentemente, para moito teatro e para moita xente. "Na última obra, entre colaboradores e directivos, vese xente que está entre as trinta e cinco e as corenta persoas, aínda que só aparecen sete personaxes", explica Álvarez, que aclara tamén que existe unha grande variedade entre os participantes. "Hai de todo. Polo tempo que levamos traballando temos xente xubilada, e logo hai tamén moitos estudantes, persoas de profesións liberais moi variadas, persoas que traballan no hospital, en concellos... En total podemos dar unha cifra dunhas trescentas persoas que teñen pasado polo grupo en todo este tempo". Entre estas persoas encóntranse non poucos nomes destacados da escena e da cultura do país. "Xan Casas, Ramón Valiño, Mela Casal, Eloxio Ruibal, Fermín Bouza, Pepe Domingo Castaño ou José Olveira "Pico" teñen participado activamente no grupo, e mesmo Emilio Cao tivo colaboracións con Ditea", resume este veterano afeccionado ao teatro. "Moitos dos actuais membros veñen de antigo, e moita xente nova comeza o camiño da profesionalización a través doutros grupos de teatro ou da televisión".
Títulos históricos
Todos estes anos e toda esta xente deu en máis de noventa representacións diferentes en toda a carreira. "Desde os ciclos de teatro inglés, francés, portugués ou americano ata a representación de autores galegos, e auténticas estreas en Galicia", lembra Álvarez. Neste sentido, salienta por exemplo que a obra que ten actualmente en xira o Centro Dramático Galego, "Seis personaxes en busca de autor", de Luigi Pirandello, xa fora levada por eles a escena en 1967. Tamén foi Ditea, segundo lembran os seus membros, o primeiro grupo en poñer en escena unha obra de Shakespeare en Galicia, de novo uns anos antes de que o fixese o Centro Dramático. Outras iniciativas pioneiras do colectivo foi a posta en escena da "Comedia da oliña", de Plauto, na versión galega de Aquilino Iglesias Alvariño, a estrea absoluta de "Almas mortas" de Vilar Ponte no Día das Letras do 77 ou a adaptación de obras brasileiras.
Fases
Ditea pasou por diferentes etapas ao longo da súa dilatada historia. Unha tes realizada por Alejandra Juno Rodríguez o pasado mes de novembro analizaba as diferente etapas do grupo. Deste xeito, caracterízase unha primeira fase marcada en grande medida pola representación de autores internacionais e por varios problemas coa censura. "Daquela facíamos só teatro en castelán e había apostas moi arriscadas. O grupo chegou a pór en escena "Lutero" de John Orborne, que logo foi censurada ou "Oración" de Fernando Arrabal, e houbera bastantes problemas políticos", sinala Álvarez. Estas apostas simultaneábanse coas representacións de grandes autos sacramentais con ocasión da Semana Santa nos que se ocupaba toda a praza da Quintana, segundo lembran desde a directiva actual. Na década dos setenta o grupo deu un xiro e acordou dedicarse integramente ao teatro en galego, de xeito que desde entón todas as obras de Ditea se representaron no noso idioma. "A década dos oitenta pódese considerar, logo dos sesenta, outra grande época de esplendor para Ditea, xa que foi daquela cando conseguiu os grandes premios de teatro". Entre outros galardóns, o colectivo recibiu a medalla ao Mérito Cultural da Cidade de Santiago en 1986.
Traballo
A continuidade do grupo explícase en certa medida grazas ao contacto permanente que existe entre os seus membros. Todos os días hai unha xuntanza que se desenvolve aproximadamente entre as oito as dez da noite. Un grupo de persoas está encargado de ler obras, de as seleccionar e de llas presentar ao colectivo para decidir se son axeitadas para se levar a escena. "hai que contar cos actores que haxa en cada momento e montar a obra en función deles", explica Álvarez. Logo de que o grupo en conxunto teña aceptado unha obra comeza o proceso de deseñar o vestiario, a escenografía ou atrezzo, realizándose a maior parte dos elementos escénicos nos propios locais do grupo. A posta en escena normalmente consigue un cheo absoluto. "Temos un público moi fiel, Ditea é unha compañía moi engarzada na cidade". Cada espectáculo vive entre doce ou quince representacións, que os membros do grupo consideran escasas para todo o esforzo que supón pór en pé unha obra. "Danos en exclusiva para gastos, o alugueiro de furgoneta e a escenografía, moitas veces o desprazamento vai do noso peto" sinala Álvarez, que destaca que a ausencia dun circuíto propio é o grande problema ao que se enfronta o teatro afeccionado, ao tempo que destaca a importancia do traballo que está a desenvolver a Fegatea, federación que agrupa este tipo de compañías e que tamén integra este grupo.
Aniversarios
Na actualidade, Ditea ten en escena, a xeito de conmemoración destes corenta e cinco anos de traballo, "Melocotóns en xarope", de Miguel Mihura. "Por unha banda foi a primeira obra que puxo o grupo en cartel, e pola outra coincide con centenario de Mihura", explica Álvarez. Ademais da participación no IV Festival Agustín Magán, o grupo está xa a traballar na celebración do seu cincuentenario. "Queremos celebralo reunindo a xente que pasou por Ditea todo este tempo. Estamos a estudar diversas propostas e recollendo información. Agardamos poder publicar algo a partir do material do noso arquivo e facer un espectáculo onde poida participar toda esa xente que estivo relacionada co grupo". De xeito que temos, segundo semella, Ditea para un bo anaco, e para ben.