Ao final non puido ser. A candidatura galego-portuguesa non conseguiu o apoio da UNESCO para ser declarada Patrimonio da Humanidade. 43 das 66 propostas presentadas superaron a criba desta institución, e entre elas está unha festa catala, a Patum de Berga. En calquera caso, os promotores e os apoios conseguidos nesta campaña de promoción avisan que o seus esforzos non caerán en saco roto.
A declaración da UNESCO era a última peneira antes de conseguir a declaración de Patrimonio da Humanidade. A candidatura galego portuguesa chegou a ParÃs logo de moito tempo dunha campaña de promoción para por en valor este patrimonio que corre o risco de desaparecer.
Vantaxes
Non debemos esquecer que o recoñecemento da UNESCO para o patrimonio inmaterial non supón ningún tipo de apoio económico para a candidatura. Antes ao contrario, debe entenderse como un compromiso dos gobernos e da sociedade que a apoian de cara a conservar e difundir este ben. “A proclamación suporá que a nosa cultura será recoñecida en todo o mundo coma unha obra mestra”, explica Santiago Veloso, presidente da comisión que promove a iniciativa. “É evidente que hai que administrar este tesouro e pensar que temos por diante un grande traballo e un compromiso adquirido ante a UNESCO para transmitir ás novas xeracións este patrimonio cultural”. De calquera xeito, non vai ser todo traballo. “Tamén se abren as portas a uns beneficios e a un desenvolvemento asociado a todo este patrimonio que terá consecuencias tanxibles”, aclara Veloso. A revalorización que este recoñecemento outorgarÃa á nosa cultura pode colaborar, por exemplo, na mellora da súa consideración entre os máis novos. “Isto pode axudar a inverter as tendencias sobre o idioma nas novas xeracións”. Ademais, a publicidade das nosas particularidades culturas pode ser un poderoso atractivo turÃstico, e posta en valor deste patrimonio ten a posibilidade de se convertir unha peza moi importante para o desenvolvemento rural.
O dÃa despois
AÃnda que non foi posible obter a declaración da UNESCO todo o movemento social non se diluirá. A presentación dunha candidatura a Obra Mestra da Humanidade vai necesariamente acompañada dun plan de acción a cinco anos vista no que se inclúe todo tipo de medidas a prol do patrimonio distinguido. “O Plan de Acción está pensado para que este patrimonio sexa preservado e transmitido nas mellores condicións ás novas xeracións”, asegura Veloso. Este documento, de mais de trescentas páxinas, foi asinado xa polos gobernos galego e portugués e inclúe medidas a medio e curto prazo, previndo orzamentos e axentes para as actuacións.
Liñas de actuación
O plan artéllase en cinco grandes liñas que implican tanto colectivos e institucións galegas como portuguesas. A investigación do propio patrimonio, en moitas ocasións aÃnda non axeitadamente coñecido, quérese desenvolver co apoio das universidades do paÃs e mais das súas homólogas do Norte de Portugal. “Falamos da celebración dunha conferencia internacional sobre a cultura galego-portuguesa e da creación de grupos de traballo permanentes, entre outras medidas”, explica Veloso. A creación de centros comúns sobre diferentes ámbitos do patrimonio é algunha da medidas que se prevén campo da documentación. A promoción e a difusión desta cultura e, especialmente, a transmisión ás novas xeracións, son as outras grandes liñas deste programa, que se elaborou contando con asociacións culturais, cos propios portadores da tradición e con outras persoas interesadas. Entre as propostas de máis alcance que recolle este documento está a adopción de medidas legais para a protección e difusión do patrimonio ou a creación dunha entidade conxunta que xestione a aplicación deste programa. Segundo Veloso, “a idea é crear unha especie de organismo do patrimonio que se encargue de manter un pouco a vixilancia e a coordinación de todo este traballo”.
¿E se non, que?
“A idea das dúas administracións é que o traballo xa non ten volta atrás. Neste sentido empregamos a metáfora de que esta iniciativa é o noso AVE con Portugal”, sinala Veloso. Debemos agardar entón que, malia non ter o apoio da UNESCO, o noso patrimonio inmaterial contará cunha serie de medidas de apoio. “O plan de acción é un compromiso que as dúas administracións asinaron e que conta con orzamentos”, destaca este voceiro da candidatura, quen tamén recoñece que este compromiso estaba vencellado á proclamación. “De calquera xeito, mesmo no caso de que non saia, eu estou a insistir en que a cultura galega xa gañou, xa vai ser recoñecida no mundo por ter chegado á terceira convocatoria de Obras Mestras da Humanidade”.
Desde a Xunta
LuÃs Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural confirma as indicacións de Veloso. “Haberá unha dedicación expresa ao patrimonio oral e inmaterial cun plan e traballo que se vai desenvolver durante varios anos e que implicará accións de investigación e de divulgación”. Máis concretamente, para o vindeiro ano, “a programación contemplarÃa un equipo de traballo no que estarÃan incluÃdas as universidades e que se dedicarÃa á investigación e á conservación do patrimonio. ConstituirÃase outro equipo que terÃa máis que ver coa divulgación, con programas didácticos para a promoción dese patrimonio a través da escola”. Este plan, segundo asegura o director xeral, implica diferentes departamentos da Xunta, como son a ConsellarÃa de Industria e as direccións xerais de Turismo e de Desenvolvemento Rural. No que respecta á ConsellarÃa de Cultura, nos orzamentos está previsto un investimento inicial dun cincocentos mil euros nestes proxectos, segundo asegura o director xeral. Do mesmo xeito, Bará tamén sinala que estas iniciativas sairán adiante aÃnda que a candidatura non sexa recoñecida. “O plan está previsto desenvolvelo, pero ao mellor lévase a un ritmo diferente e con medidas distintas. AÃnda que a declaración compromete máis a administración, hai vontade de que vaia adiante”.
¿Hai máis oportunidades?
A verdade é que a posibilidade de presentar de novo a candidatura á UNESCO complÃcase un pouco. “Esta é a última ocasión en que a UNESCO acepta propostas xurdidas da sociedade civil. En 2003 mudou o sistema de iniciativas e a partir da vindeira edición haberá unha lista indicativa na que serán os gobernos dos diferentes paÃses os que decidan que iniciativas inclúen”. Un sistema semellante ao que se emprega para o Patrimonio da Humanidade baseado en cotas de representación para cada paÃs e que fai moitÃsimo máis lento o avance das propostas de cara á súa consideración pola UNESCO.