Preséntase “da Rotonda” unha editora que pretende funcionar unicamente na rede

Unha volta na lectura

A última xornada do Simposio de Editores, que se celebraba a pasada semana no Consello da Cultura Galega, foi o marco da presentación pública dunha novidosa iniciativa editorial. María Yañez, coñecida columnista e blogueira, aproveitaba a súa intervención na mesa redonda sobre blogs para dar a coñecer o seu novo proxecto. Ediciós da Rotonda, unha proposta pensada só para a rede, iniciará en breve a súa andaina publicando “O home inédito”, unha novela de Carlos G. Meixide, que sairá con licenza Creative Commons. De cara ao futuro, anuncian un filme titulado “Europa” e outros produtos multimedia. Na clausura do evento, o presidente da Asociación de Editores, Miguel Anxo Fernán Vello anunciou que o tema do simposio para o vindeiro ano será a lectura pública e as bibliotecas.

Máis información no blog Brétemas; en Todonada.com; a licencia Creative Commons en galego nos nosos arquivos; web da asociación de editores; web da editorial