Mercedes Sampietro, Joaquín de Almeida, Imanol Arias, Luís García Berlanga... son só algunhas das figuras que estarán en Ourense do 12 ao 19 de novembro. A súa presenza enmárcase dentro do programa do Festival de Cine de Ourense, que este ano celebra os seus dez anos de vida reforzando as súas seccións e con moitas caras coñecidas.
Á falta dunha semana e media para que comece o Festival de Cine de Ourense, o seu director, César Silva, afirma que se presenta con moita ilusión porque dez anos non se cumpren todos os días, porque contaremos coa presenza de xente destacada do mundo do cine e porque mellorou a calidade da sección competitiva. Este ano recibíronse traballos desde os cinco continentes, aumentou o número de inscricións con respecto a edicións anteriores, e aínda que foron seleccionadas menos producións que compiten polas Calpurnias (nome do premio do certame) destaca a calidade dos seus traballos.
A competición
César Silva define á sección competitiva do festival, que repartirá preto de 45.000 euros en premios, como a máis ambiciosa da historia do certame. Antes de que o público poida emitir o seu veredicto, o director comenta que as producións deste ano apuntan maneiras. Na sección de curtametraxes (que se exhiben 60 en total) recolle traballos desde diferentes países aínda que a organizacion constata un descenso de producións galegas (só 4) e portuguesas presentadas a competición: sabemos de moitas curtas que se moven nos circuítos pero que logo non acaban por presentarse ao festival, se cadra porque o sector se está interesando máis por outros xéneros e formatos como as películas para televisión e documentais.
De entre as dez longametraxes seleccionadas destaca Manderlay de Lars Von Trier, que chega a Ourense logo de acadar o premio cincuenta aniversario da última sección da Seminci, ou O arco de Kim Ki-duk ou Caché de Michael Haneke (director tamén premiado en Valladolid co traballo "Escondido"). Xunto con estes directores xa recoñecidos, quixeron combinar a oferta con óperas primas de directores descoñecidos pero que pensamos que son de gran calidade como Ning Hao, que presenta Mongolian ping pong ou o alemá Christian Petzold que exhibe Ghost. A representación española trae de novo a Ourense a David Marqués (Aislados), quen gañou hai dous anos o premio do público co seu traballo Calquera.
A que tivo unha concorrencia maior foi a sección oficial de documentais, onde foi preciso facer unha selección maior, explica César. Achégase á faceta competitiva nesta sección a filla do cineasta ourensá Carlos Velo, Laura Gárdos, que abandona o xurado para pasar á competir coa súa metraxe Entre dúas bandeiras.
Todas as producións teñen un denominador común, que é que recollen un universo temático social e comprometido. Un estilo que, segundo explica o director, pretenden continuar no futuro, é o noso sinal de identidade e, aínda que o concepto de independente foi mudando desde que comezou o festival, tenos funcionado moi ben.
As homenaxes
O Festival de Cine de Ourense sempre tivo un oco para recuperar figuras tanto da cinematografía española como do panorama galego, non só coa revisión da súa filmografía, senón tamén coa edición dun volume conmemorativo dentro da sección de publicacións. Á larga lista de nomes que foron recuperando ao longo desta singradura de dez anos, únenselle este ano: Luís García Berlanga e os irmáns Bilbatúa, Demetrio e Anxo. Cada un por méritos propios.
Dentro da sección memoria histórica recuperamos a figura de Luís García Berlanga porque quixemos dar continuidade á liña aberta o ano pasado cando homenaxeamos a Juan Antonio Bardem explica Cesar Silva. Ambos directores tiveron unha carreira paralela que xurdiu logo de que fixeran en 1951 Esa feliz parella, por iso era lóxico que esta edición do festival continuara coa súa homenaxe.
Continuando coa liña de homenaxes, o director explica que na sección Cine e Emigración, procuramos buscar personaxes que estean vivos. Aínda que Anxo morreu, Demetrio está vivo e probablemente sexa o creador de documentais máis prolíficos case da historia do cine, porque ten asinados máis de mil producións. A través dun documental biográfico que recolle a importancia do que ambos fixeron e a presentación dunha publicación, que tamén estará en galego, completan esta sección. O director lamenta que esta sección non tivo un tratamento maior, pero a celebración da décima edición fixo concentrar a organización noutros aspectos. Ademais, asumiu o compromiso de fortalecer esta sección, que non existe dentro doutros certames de similares características.
Con nome propio
Imanol Arias (Riaño, León, 1956) é unha referencia dentro do audiovisual estatal e outro dos convidados ao festival. Entre outros motivos, porque é o cuarto galardoado co Premio honorífico Concello de Ourense, que antes gñaaron Jean Xavier Lestrade Montxo Armendáriz e José Sacristán. O seu premio entregarase no Teatro Principal de Ourense o día 13, e tres días despois, o mesmo espazo acollerá outra gala, xa que o actor portugués Joaquim de Almeida recollerá o Premio Internacional que concede o festival con motivo do seu décimo aniversario. Ambos actores manterán os habituais encontros co público e proxectarase un traballo de cada un.
O futuro
Con dez anos ás súas costas, o Festival de Cine de Ourense mira cara adiante. O seu director confesa que o principal será seguir fiel á mesma filosofía, á etiqueta de independente e potenciar algunhas das seccións que xa ten consolidadas. O ano que vén volverá unha nova edición de Título provisional (agora bianual) que pretende potenciar o lado máis mercantil e sectorial do festival, un apartado que, nas súas palabras, non debe ser incompatible coa exhibición. Co novo cambio de goberno, apunta César Silva, non se puideron concretar novas axudas, subvencións ou un cambio de axuda ao festival que esperemos que consoliden en vindeiras edicións. Ademais, logo do anuncio do presidente Emilio Pérez Touriño da creación dun festival de cine Chano Piñeiro en Vigo, o director cre que non son incompatibles dous festivais en Galicia, xa que outras comunidades téñeno feito. Iso si, agarda que se manteñan diálogos para facer un festival compatible co que xa existe, que non se solapen e que mesmo se poidan manter colaboracións. Falando de asociacións, o director apunta que a liña das Xociviga iniciada desde hai un tempo por Anxo Santomil podería dar pé a futuras colaboracións, tendo en conta que ambos pretendan abranguer o audiovisual desde perspectivas diferentes.