Un cuarto de século sobre as táboas é moito tempo. Sobre todo en Galicia, onde a precariedade no mundo teatral está, segundo os afectados, á orde do día. Sarabela conseguiuno, desde 1980 ata 2005 esta criatura medrou e evoluíu ao tempo que mudaba o panorama escénico. Agora, a estrea de O heroe, primeira incursión de Manuel Rivas na dramaturxia, e o nomeamento da súa directora á fronte do Centro Dramático Galego, confírmana coma unha das grandes compañías do país.
O seu nome é habitual nos premios María Casares. Desde a súa profesionalización en 1990, Sarabela Teatro está dándose a coñecer coma un dos nomes mais destacados dentro do panorama habitual do país. Curiosamente, esta experiencia naceu a partir do ensino do teatro. Ánxeles Cuña, directora do grupo e flamante responsable do Centro Dramático Galego, explícanos a xestación do colectivo hai xa un cuarto de século. Sarabela naceu coma experiencia escolar. Accidentalmente comecei a traballar na Universidade Laboral de Zaragoza, pero elixíronme para dar teatro e vinme enfeitizada polo xénero. Logo vin á Universidade Laboral de Ourense, e aí permitíronme compaxinar o meu labor docente coa actividade extraescolar. A partir desa actividade foise formando un grupo de docentes de diferentes institutos interesados por esta arte. Fixemos seminarios permanentes, obradoiros e cursos. Fomos creando pequenas infraestruturas e una vez foi callando deuse o paso. Pasouse ao teatro escolar, ao amador e ao independente. É coma o equilibrista que non pode subir ao arame sen estar moi adestrado. O grupo conformouse naquel momento a partir de alumnos destas actividades, e partir daquel núcleo fundacional, ao longo deste tempo fóronse incorporando e marchando persoas. Na actualidade forman a base de Sarabela, ademais de Ánxeles Cuña, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Helena Seijo, Fina Calleja e Suso Díaz.
Eixes de traballo
A historia de Sarabela está chea de balanceos e de mudanzas. Ata 1990, a formación mantívose coma un grupo de teatro afeccionado. Foi entón cando o grupo deu o paso a unha exitosa aínda que complexa actividade profesional. Este traballo viuse recoñecido cun vinte e tantos premios María Casares, segundo recoñece a directora. Tamén temos premios da crítica e de espectadores, pero non nos gabamos, iso dá confianza, estimula e axuda, pero tamén dá vertixe. A pesar do seu éxito nas táboas, Sarabela non se afasta do fermento educativo que lle deu orixe. Facemos formación permanente de profesores dando cursos de expresión dramática, voz ou expresión corporal. Tamén impartimos cursos de teatro nun convenio coa Universidade de Vigo, que se imparte en tres cursos, Cordelia, Maricastaña e Rosaura e organizamos unha mostra que logo acabou sendo a Mostra Internacional de Teatro Universitario. Ademais, desenvolvemos durante cinco anos unha experiencia coa ONCE. Hai que pensar que, aínda menos vencellado con algunhas destas actividades, o grupo foi unha auténtica sementeira de persoas que na actualidade desenvolven labores de dinamización baseadas no teatro. Pola banda do traballo escénico, o grupo organízase na actualidade en varios eixes. Por unha banda, está a representación de autores internacionais contemporáneos. Mishima, Kundera ou Lorca foron algúns dos que xa pasaron polas mans da compañía. Outra liña é a posta en escena de autores galegos, como se viu coas adaptacións de Blanco Amor e de Rivas. Finalmente, saíron do grupo tres obras de produción propia que tamén se levaron a escena.
A cara escura
Canda ao recoñecemento, Cuña sinala que houbo tamén, ao longo deste tempo, momentos baixos. Pasamos moitas febres que finalmente nos fixeron medrar. Hai que pensar que aquí hai un equipo de creadores moi potente con personalidades moi vigorosas. Tivemos momentos moi duros de nos recolocar e de querer saír correndo, tamén nos autoexplotamos bastante, e o día a día é moi duro. Hai accidentes e perdas irreparables, hai renuncias, vivimos tamén separacións dolorosas e moi difíciles pero sempre nos salvou que hai moitísima confianza no grupo e cando un está peor aí se mantén o resto para tirar, e isto non ten prezo.
Fitos da historia
Evidentemente, vinte e cinco anos de historia dan para moito. A directora do grupo resume en varios fitos esta carreira. O primeiro fito é o nacemento, o berce, a ilusión e dar tamén moitos paus de cego e aprender dos erros. O segundo sería o encontro feliz con xente do Instituto Otero Pedrayo, que foi fundamental. Logo o paso cara a profesionalización, que foi definitivo. A nivel de espectáculos hai un antes e un despois de A esmorga, porque era un autor de Ourense, que tiña na cabeza facer un texto teatral e porque foi de vertixe e deixou unha pegada inesquecible. Tamén foi un fenómeno mesmo sociolóxico a posta en escena de O lapis do carpinteiro, que transcendeu o escenario. Poderíanse facer libros cos testemuños da xente que despois de cada función se achegaba a contar parte das súas vivencias. Logo está a posta en marcha das obras de produción propia, e a representación de dramaturgos universais, que comezou con Así que pasen cinco anos de Lorca. Cuña está convencida de que o vindeiro fito na historia do grupo vai ser a representación de O heroe, a estrea de Manolo Rivas coma autor teatral.
O heroe
Esta nova obra xurdiu do encontro entre o traballo do grupo e o traballo do autor. Manolo tiña ganas de facer teatro, e supoño que logo da experiencia do lapis, pensou en nós e suxeriu O heroe. Nós queríamos e el foille dando voltas pola súa banda mentres nós pola nosa conta víamos a viabilidade de lle dar corpo e voz. Diferentes encontros e conversas telefónicas foron dándolle forma teatral a un texto que naceu coma relato dentro do libro As chamadas perdidas. Falamos da maquinaria, da trama de conflitos entre os personaxes, o que era máis narrativo e o que era máis dramático, pero foi el o que escribiu cada palabra, el foi o autor, explica Cuña. A directora define o resultado coma unha obra especial e conmovedora, difícil de clasificar pero que ten elementos de conto, algo de traxedia contemporánea e algo de Valle-Inclán. É unha obra moi carnal, de abrir o corpo e mais a alma, os oito actores están case espidos no escenario, sen maquillaxe e é unha proposta visual marabillosa. Na obra poderán verse representacións escénicas de espazos coñecidos coma a praza de María Pita, o a Xardín de San Carlos ou a festa dos Caneiros en Betanzos. Ademais, reprodúcese unha cadea que se irá transformando ao longo da obra, e un vestiario que tenta reproducir a época da ditadura na que se desenvolve a historia.
Vindeiros proxectos
O quince de outubro álzase o pano desta obra, que promete incrementar a vitrina de premios do grupo. Canda isto, a novidade está na mudanza na composición da compañía logo de que Cuña fose nomeada recentemente responsable do Centro Dramático Galego. E en carteira, xa, varios proxectos. O seguinte que imos facer vai ser unha lectura actualizada do Macbeth, para o que temos unha alternativa para a dirección que non podemos desvelar pero que a eu penso que é de alucine. Aínda que Cuña deixa este papel na compañía, non teme polo futuro do grupo. Se pensas que Sarabela corría risco de morrer tampouco o deixaría sinala a directora. Así que, polo momento, hai corda para rato.