Loreto Ares e Daniel Ovalle recollerán esta tarde os diplomas que os acreditan como gañadores do XVII premio de narracións xuvenís Rúa Nova nas modalidades de castelán e galego respectivamente. O premio, convocado pola Fundación Caixa Galicia, entregarase nesta entidade, e no mesmo evento recibirán tamén mencións Eva Escrivano e Aldara Varela. Ao tempo, a Asociación de Escritores en Lingua Galega deu a coñecer a listaxe de obras que optan a recibir o galardón a mellor traballo do ano. Territorio da separación de Miguelanxo Fernán-Vello, Sen sombra e sen amor, de Bernardino Graña, Amor e música lixeira de Bieito Iglesias, A cousa vermella de Olga novo, As metamorfoses do túnel de Román Raña, O exiliado e a primavera de Manuel Veiga e En concreto de Luísa Villalta optan ao galardón, que se fallará o dezanove de setembro.
Máis información no web da Fundación Caixa Galcia e en Vieiros






