O proxecto naceu na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago (USC), máis concretamente da man da profesora Blanca Ana Roig. A idea era constituír unha rede que implicase diferentes universidades do Estado na investigación da Literatura Infantil e Xuvenil e conseguir que este xénero se introduza no futuro dentro dos plans de estudos destas institucións académicas. Polo momento, esta semana a USC organiza, canda a Obra Social de Caixa Galicia, un seminario titulado Revisitar os clásicos.
Máis información en Galicia Hoxe






