Unha nova edición do evento poético máis reivindicativo do país chega a Salvaterra do Miño. O Festival de Poesía do Condado alcanza a súa décimo novena edición reunindo un bo feixe de nomes do panorama lírico baixo o lema Salvemos os ríos. Antón Lopo, Mario Herrero, Bernardino Graña, Afonso Pexegueiro e Luz Pozo Garza son algúns dos nomes que participarán neste evento. Canda a eles, unha serie de proxeccións audiovisuais farán un percorrido pola historia do cine en Galicia, haberá actuacións musicais e mesmo mostras de arte e artesanía.
Máis información no Portal Galego da Língua e no web do festival






