Corrían anos complexos. O final da ditadura franquista e a transición democrática foron momentos de efervescencia social que deron en abondosas mobilizacións populares e políticas. Carlos Varela, activista cultural e afeccionado ao cinema, actuou, con precarios medios, como documentalista de aqueles momentos e fundou unha das primeiras produtoras do noso país. Agora, Ramiro Ledo recupera a memoria deste pioneiro co filme CCCV (Cineclube Carlos Varela).
O primeiro realizador militante en Galicia desde Carlos Velo. Así define Ramiro Ledo, o director que recuperou a memoria deste pioneiro, a Carlos Varela. E é que este pioneiro preocupouse de rexistrar, coa intención de apoiar as mobilizacións populares, un dos momentos de maior efervescencia social de Galicia. Nesta tarefa continuou a liña iniciada por Velo coa súa produción Galicia de 1936 e que ficaría rota durante a ditadura. Desde a morte de Varela, en 1980, a súa obra foise esquecendo, ata que, con ocasión dos vinte e cinco anos do pasamento, Ramiro Ledo púxose mans á obra. A película foi unha proposta da produtora Nós, que fundara o propio director e que foi refundada no ano 2000 por algunhas da persoas que a crearan con el, sinala Ledo.
Recuperación documental
O traballo supuxo revisar documentos persoais, revisar prensa da época e acudir ao arquivo do Centro Galego de Artes da Imaxe, onde se encontraba depositada boa parte da produción de Varela. Poñéndome en contacto con xente achegada a el, e sobre todo coa súa muller, ó final apareceron películas novas e fotografías que nin ela sabía que estaban gardadas, recoñece este investigador. A partir deste material, Ledo artellou CCCV (Cineclube Carlos Varela), o filme que, logo dun cuarto de século, recupera a memoria deste cineasta. Ata o de agora Varela aparecía nas historias de cine en Galicia coma un cineasta militante, pero non había referencias sobre a súa obra. Agora non só as hai, senón que ata se pode ver boa parte das mesmas.
Escolma visual
CCCV é, fundamentalmente unha escolma dos traballos de Varela que se conservan.
O filme está feito basicamente con imaxes que gravou el. Eu unicamente filmei algún recorte de prensa da época para presentar a Varela, explica Ledo. A película tampouco ten voz en off coa intención de respectar un pouco o xeito no que el quería contar o seu momento. Deste xeito pódense ver imaxes, con son ambiental e mudas, da marcha contra a Central Nuclear de Xove, a loita das Encrobas ou Baldaio. Tentei organizalo temática e cronoloxicamente de xeito que puidese ter sentido. O máis antigo que se conserva é unha filmación do Consello de Forzas Políticas Galegas.
No cine directo
Os medios cos que Varela desenvolvía o seu traballo eran, en xeral, rudimentarios. Gravaba todo en Súper 8 e moitas cousas están montadas directamente coa cámara, sinala Ledo. Con estes medios, na produción deste cineasta alternan os filmes mudos con aqueles que teñen son ambiente e aínda algúns nos que este está captado a través de cintas de casete. Ás veces gravaba o audio por separado, e eu recuperei casetes antigas que me permitiron meter o son no filme. A pesar da precariedade, Varela preocupábase polo resultado do seu traballo e desenvolveu un estilo que, a xuízo do recuperador da súa memoria, nada ten que envexar a outros documentalistas internacionais da época como Patricio Guzmán ou William Klein. Deste xeito, nas Xornadas de Cine de Ourense de 1978 chegouse a proxectar unha montaxe das súas filmacións sobre as revoltas contra a cota da Seguridade Social Agraria en Lugo. O filme duraba case media hora, e só tiña son nalgunhas partes, sen voz en off nin nada explicativo. Ledo sitúa o traballo de Varela no marco do cinema directo, naquel momento en auxe en Estados Unidos e en Francia. Filmacións directas da realidade, sen artificios e buscando un contacto directo cos movementos sociais.
Na mobilización
De feito, o traballo de Varela difundíase habitualmente en actos dentro das propias mobilizacións, en congresos políticos e noutros eventos semellantes ás que o cineasta acudía co seu propio proxector. A difusión que se lle daba aos filmes era bastante urxente e moi encamiñada á acción e á organización da xente, explica Ledo. Ademais do seu traballo coma cineasta, este director desenvolveu unha destacada labor na dirección do Cineclub Valle-Inclán en Lugo e foi pioneiro no intento de crear unha rede destas entidades. Tamén desenvolveu boa parte dos carteis e do grafismo da Unión do Povo Galego ao longo dos anos setenta e participou na recuperación da cerámica de Bonxe, para alén de realizar un destacado traballo de fotografía.
Nova memoria
Penso que agora se van ir coñecendo máis cousas sobre el, apunta Ledo. Logo da estrea do seu filme sobre esta figura histórica o pasado dezanove de agosto, están previstas novas proxeccións do mesmo en diferentes cineclubs e actos do país. Polo momento está confirmada a presenza do filme no vindeiro Festival da Poesía do Condado o un de setembro. Ribeira, Compostela ou Lugo son tamén algúns dos lugares nos que se organizarán proxeccións. Pola súa banda, desde o Cineclub Valle-Inclán barallan a posibilidade de homenaxear este director, de xeito que é de agardar que esta memoria anovada perdure no tempo.