A Casa do Home da Coruña abre unha sección dedicada á xenética

A casa dos xenes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Cinco anos despois da súa inauguración o Domus ou Casa do Home da Coruña reliza a súa primeira ampliación abrindo unha sección dedicada á xenética.
Esta mostra, composta por vinteun módulos que respectan a tradición interactiva do centro, ocupa medio baixo do edificio e trata cuestións como a evolución, a herdanza ou os alimentos modificados xenéticamente.

Un xene de 288 metros

Un dos elementos máis chamativos da nova sección é unha reconstrucción xigante da secuencia do xene da telomerasa, é dicir, a parte do xenoma humano na que está codificada a producción desta enzima, fundamental na reproducción das células.
Esta reconstrucción está composta nada menos que por 17.730 pezas que montaron máis de setecentos estudiantes de vinteún centros diferentes da cidade en diferentes métodos. Esta reconstrucción da cadea de dobre hélice ten 288 metros de lonxitude, un peso de 310 quilos e ocupa 108 metros cúbicos de espacio por todo o teito da sección.




Máis xenes

Ademais deste xene xigante, a nova sección da Domus inclúe módulos interactivos que permiten coñecer mellor a importancia dos xenes no desenvolvemento do ser humano e das diferentes especies. Así, nunha das actividades propostas, o visitante pode obter unha imaxe da súa propia cara e substituir algúns dos seus rasgos físicos por rasgos animais. Tamén se poden contemplar as estrañas xogadas que realizan os xenes nos cadáveres de dúas siamesas unidas polo ventre e conservadas en formol desde o século XIX ou a reproducción de ilustracións dun bestiario medieval onde se poden ver outros seres deformes. Tamén hai instalada unha cabina que permite ver a gravación dun parto e abondosos paneis e módulos que presentan o grande público o mundo da xenética.



Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Domus

Claves

Entidades