Para alén das actividades oficiais, o festival Viñetas desde o Atlántico está a se consolidar coma un evento que concentra as presentacións de novidades do país. Deste xeito, o colectivo Polaqia anuncia para esta oitava edición que porá á venda camisetas que recolle ilustracións dalgúns dos seus membros, ademais de achegar o número seis da revista Barsowia. Por se fose pouco, Emma Ríos pechará a triloxía de A prueba de balas co último volume desta historia, e Kike Benlloch presentará a obra Esa cousiña negra que levas no peito. Desde BD Banda presentarán tamén o número seis da revista homónima, que xa se dera a coñecer en Barcelona, e o álbum, Tito Longueirón que supón o terceiro volume desta serie. Tamén se agarda a presentación dunha obra autoeditada por Álvaro López, e de certo que aínda se agocha algunha nova sorpresa entre os stands.
Máis información nos nosos arquivos e en La Carcel de Papel