Artesáns e estudosos da cerámica de todo o mundo concéntranse cada verán en Sargadelos, esa aldea da Mariña que adquiriu sona internacional pola empresa coa que comparte nome. O reclamo é a Experiencia Estival, un obradoiro de cerámica totalmente de balde que permite intercambiar experiencias no traballo coa cerámica e que fai este verán a súa trinta e catro edición.
A Experiencia Estival naceu en 1972, coincidindo coa posta en marcha do Seminario de Sargadelos coma Instituto de Investigación Técnica e Sistemas de Comunicación. “O proceso de creación da porcelana tiña detrás moito rigor e disciplina para facer as pezas, e pensouse que non estarÃa mal desenvolver un proxecto no que houbese máis liberdade e imaxinación para crear. Entón fÃxose unha convocatoria ampla para que viñese xente de todas as partes do mundo”, explica Andrés Varela, responsable da organización. Desde aquela e de xeito ininterrompido, cada mes de agosto celébrase nas instalacións da fábrica de Cervo este encontro, onde se traballa sobre temas relacionados coa cerámica, o deseño e a imaxe. Os participantes poden investigar de traballar de xeito libre a cerámica tendo ao seu dispor os materiais e as ferramentas do espazo que a fábrica destina a investigación, que queda libre no mes de agosto.
Encontros internacionais
En xeral a Experiencia Estival continúa a manter o mesmo espÃrito co que comezou, aÃnda que se incrementaron as actividades paralelas ao deseño e cada vez foi collendo máis importancia a propia participación da xente no evento. “Ao comezo o proxecto chamábase ‘Experiencias de Escola Libre e TecnoloxÃa Cerámica, pero agora estamos a ver que o máis importante da actividade é o propio encontro desta xente entre si e con Sargadelos, entón xa lle chamamos ‘Encontros Estivais’”. E é que, ao lugar achégase xente de todo o mundo. “Veñen persoas de diferentes profesións que non cómpre que saiban de cerámica. Hai desde médicos, artistas plásticos, afeccionados... En xeral aproveitan para experimentar con este material ao tempo que se lles dá a oportunidade de pasar unhas vacacións únicas”. Tan únicas como que ninguén pode repetir a experiencia. AÃnda que as prazas roldan as sesenta en cada edición, o número de solicitudes supera amplamente este lÃmite, polo que non se dá a ocasión de voltar. Por exemplo, este ano seleccionáronse sesenta alumnos dos cen que querÃan participar. “A xente que se achega crea uns vÃnculos con Sargadelos, algúns veñen de visita de novo, outros xa mandan os fillos aso encontros... Logo, a xente volta aos seus lugares e orixe e comenta o que viron por acó e a filosofÃa da empresa, e iso reforza tamén a imaxe internacional do grupo”, apunta o organizador.
Creación e ruta
Os asistentes, ademais de non pagar un peso pola súa asistencia, quedan coas pezas que crean ao longo da experiencia, agás unha que cada ano a dirección do Seminario selecciona para incorporar á súa colección. Ademais destas pezas, nestes trinta e catro anos “houbo tres ou catro ideas saÃdas destes encontros que se están a comercializar, pero a intención non é conseguir novos deseños”, explica Varela. Nos últimos anos está a se achegar a esta actividade un número crecente de ceramistas asiáticos que inclúen Sargadelos nunha ruta europea. “Está a se crear unha ruta da cerámica en Europa pola que vén moita xente, sobre todo chegados desde a Faenza, en Italia, onde lles recomendan este centro. Tamén está a crecer en xeral presenza de italianos, quizais por efecto da galerÃa que temos en Milán”.
Actividade paralelas
De xeito paralelo ao traballo coa cerámica, estes encontros contan cunha serie de actividades que van desde conferencias e mesas redondas sobre o deseño ata actuacións de teatro ou musicais ás que tamén pode asistir o público en xeral. “Tráese xente que dea unha conferencia sobre temas do máis variado. Cuestións coma cerámica, arte, industria, economÃa ou medio. Ademais facemos uns seminarios breves sobre cuestións concretas”, explica Varela. Nesta edición, por exemplo, os dÃas oito e nove de agosto celébranse unhas xornadas sobre deseño e arquitectura. O programa comprende a presentación do libro “O deseño dende Milán coa figura crÃtica de Tomás Maldonado” de Begoña Soneira; unha mesa redonda sobre o papel da deseño na sociedade actual, o compromiso e a ética; unha conferencia sobre deseño a cargo de Ermanno Aparo; a presentación do proxecto agrÃcola para o sur de Milán que realizou Alessandro Camarellino e a representación da obra “A derradeira batalla do Marqués de Sargadelos”. Como se pode ver, un programa ben completo.
Historia en veráns
A longa tradición destes encontros, polos que xa pasaron máis de dúas mil persoas, converteu este evento nun curioso testemuño do paso do tempo. “Haberá que escribir un libro un dÃa. As experiencias comezaron cando aÃnda vivÃa Franco, pasamos o final da Ditadura, a Transición e aÃnda agora un novo goberno en Galicia, e aquà foise vendo o reflexo das modificacións da sociedade”, lembra Varela. Canda a isto, a concentración de participantes de diversas nacionalidades nunha aldea coma Sargadelos deu en diversas anécdotas. “Ao comezo os participantes eran recibidos con moita curiosidade polos veciños, nos tempos da Transición habÃa xente que chegaba a Sargadelos e Ãanse bañar espidos ao rÃo, e aquilo era unha revolución no lugar. Agora mesmo os visitantes están xa perfectamente integrados coa poboación”. É de agardar que aÃnda continúe verán a verán este proxecto, e que se poida ir vendo historia a través dese curioso oasis de cerámica.