O académico Francisco Fernández del Riego recibe hoxe en Vigo o premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres que organizan a Universidade de Santiago e o Concello de Cuntis. Outro egrexio premiado é o catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares, que foi elixido polo xurado do XLVII Premio Fernández Latorre de Xornalismo pola obra Galicia siglo XX publicada e distribuída semanalmente polo xornal La Voz de Galicia. E tamén foi un fin de semana de premios para unha futura promesa, Iria López Teijeiro, de Fene, que con vintecatro anos é a gañadora do premio Biblos-Pazos de Galicia a novelas en proxecto. Iria pasará o mes de outubro aloxada na Casa grande do Bachao para rematar a súa novela en cernes, Contracorrente, coa axuda e titoría de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Máis información en Galicia Hoxe
en sobre o premio Fernández Latorre en La Voz de Galicia






