Fernán Vello será a única representación da poesía do Estado no Festival Mundial da poesía de Venezuela

Poesía global

A presenza de Miguel Anxo Fernán Vello será a única representación de poetas de España neste foro de intercambio de versos e ideas que reunirá autores de todo o planeta por segundo ano consecutivo. O poeta, editor e presidente da Asociación Galega de Editores acudirá a Caracas ao Festival Mudial da Poesía que se celebrará desde o 20 ata o 31 deste mes e tomará o relevo a Xosé Luis Méndez Ferrín, que estivo presente o pasado ano na primeira edición. O foro está organizado desde o Ministerio de Cultura e o Consello Nacional de Cultura de Venezuela, organismos dos que está a fronte o escritor de orixe galega Farruco Sesto.

Máis información Galicia Hoxe