A falta de datos definitivos de todas as feiras do libro galegas o presidente da agrupación viguesa da Federación de Libreiros cualificou a clausurada trixésimo primeira feira como unha das mellores do últimos anos. Arximiro Blanco tamén estimou que o nivel de vendas aumentou nun vinte por cento respecto ao ano anterior e destacou a alta participación do público en todas as actividades da feira e a afluencia continua aos postos. Blanco lamentou a falta de axuda institucional por parte do Concello á feira, que contou cun orzamento de 24 mil euros sen que o Concello de Vigo puxese nada. Os títulos que máis demanda tiveron foron La sombra del viento, O Código da Vinci, Anxos e demos, Outra idea de España, de Suso de Toro e Recordando os Tranvías de Vigo, de Antonio Giráldez Lomba.
Máis información en Faro de Vigo






