Unha ducia de debuxantes e guionistas de banda deseñada do paÃs estarán desde mañá ata o domingo en Barcelona. O motivo é a 23 edición do “Saló Internacional del Cómic”, a feira máis importante do sector no estado. Entre as novidades galegas que se presentarán no certame destacan os últimos números de BD Banda e do Fanzine Enfermo (que compiten na categorÃa de mellor fanzine) e o álbum de David Prieto, “Gochi”, “O Tesouro de Carraxe Sieiro”. Polo demais, a obra de Miguelanxo Prado “A mansión dos PampÃn”, creada por encarga para o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), é candidata a mellor obra española e a mellor guión.
Máis información no web do evento