A riqueza do patrimonio galego está fóra de toda dúbida. Na actualidade é o noso patrimonio inmaterial común con Portugal o que aspira a ser recoñecido pola UNESCO coma Obra Mestra da Humanidade, e xa son tres as obras consideradas Patrimonio da Humanidade no noso paÃs. Sen embargo, son moitas máis as propostas que, desde os máis diversos ámbitos, xorden na busca do recoñecemento internacional que outorga o organismo de cultura da ONU e que agardan pacientemente mentres acumulan méritos.
Os últimos foron os megálitos da Costa da Morte. Como parte dunha campaña para denunciar a situación de abandono que, ao seu ver, sofren estes monumentos, o Seminario de Estudios Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte anunciaba o pasado mes de abril a súa intención de iniciar os trámites para conseguir a declaración de Patrimonio da Humanidade para os mesmos.
Desde que a Muralla de Lugo obtivera no ano 2000 esta distinción por parte da UNESCO foron aparecendo propostas do máis variado reclamando o recoñecemento internacional para diferentes elementos do patrimonio, conformando unha lista na que se van organizando os postos.
O recoñecemento
“A declaración de Patrimonio da Humanidade ten un prestixio moi grande porque achega como valores engadidos o turismo e a promoción, non só dos monumentos senón tamén do lugar. Hai un turismo cultural que se reparte polos lugares que teñen esa distinción”, explica Francisco Castro Allegue, subdirector xeral de Protección do Patrimonio Cultural da ConsellerÃa de Cultura e responsable da xestión das candidaturas galegas a este galardón. Os efectos desta declaración pódense ver nos bens que actualmente o posúen no noso paÃs é dicir, o Camiño de Santiago, o conxunto histórico de Santiago de Compostela e a Muralla Romana de Lugo. Ademais das diferentes iniciativas privadas e municipais, desde a Xunta levan xa tempo a apoiar dúas propostas para conseguir o cobizado galardón.
Na cabeza
Na actualidade dúas candidaturas de Galicia están, empregando o sÃmil do propio Castro Allegue, “na pista de despegue” para que a UNESCO as tome en consideración coma Patrimonio da Humanidade. “En primeiro lugar está a candidatura da Ribeira Sacra, patrocinada pola Comunidade Autónoma. E logo está a proposta de Ancares-Brañas, unha candidatura compartida que leva Asturias e na que a Xunta é partÃcipe”, explica o subdirector de Protección do Patrimonio. AÃnda en abril de 2004 a Xunta anunciaba a posta en marcha dun plan de promoción turÃstica que pretende impulsar a candidatura da Ribeira Sacra. “Aprobouse un proxecto de dinamización turÃstica, pero levamos xa anos a investir nos mosteiros para os pór en valor, e agora está en marcha o proxecto dun centro de interpretación”, explica Castro Allegue. “Todo iso enmárcase dentro da proposta de Patrimonio da Humanidade. O programa de dinamización cubre a viabilidade económica do proxecto, algo ao que obriga a UNESCO. Ademais todos os mosteiros están declarados coma Bens de Interese Cultural (BIC) e naqueles que non tiñan aÃnda os seus contornos delimitados están tamén a se declarar os seus contornos”, e é que a existencia dunha figura de protección legal como é a do BIC é unha das condicións que esixe o organismo internacional para outorgar a súa declaración.
A parálise
Logo do recoñecemento da Muralla de Lugo no ano 2000 canda a outras catro candidaturas españolas, a UNESCO limitaba as propostas que podÃa presentar España a unha cada ano. O organismo internacional considera que, canda ao Estado Español, paÃses coma Francia ou Italia aparecen sobredimensionados nas listas de patrimonio mundial. Desde xeito, xa en 1998 obrigara a un recorte das listas de monumentos que cada estado tiña en agarda para ser tomadas en consideración pola UNESCO, o que fixo que os preto de cen candidatos que tiña en consideración o Consello do Patrimonio Histórico quedasen en vinte e catro. “A declaración de Patrimonio é tan importante e xera tantas expectativas que o feito de retirar candidaturas da lista pode frustrar moitas iniciativas, de xeito que se acordou que, de ter que reducir a lista, se crease unha lista B do Consello do Patrimonio, de maneira que todas as que caeran da primeira fosen para segunda”, explica Castro Allegue. “A Galicia non lle caeu ningunha neste proceso, polo que solicitamos que nos deixasen meter algunha na segunda lista. Daquela a única que tiña unha documentación, un compromiso e un traballo en marcha eran as Fortalezas da RÃa de Ferrol, e logo de insistir entrou”, completa.
Na recámara
Temos entón nesta lista de reserva a candidatura ferrolá, que pouco despois de entrar ampliou a súa proposta ao conxunto da RÃa e do Ferrol da Ilustración, atendendo ás preferencias da UNESCO de apoiar propostas nas que se mesturen o patrimonio natural e o histórico-artÃstico. Desde o Concello de Ferrol continúa o traballo a prol desta iniciativa e nos últimos anos os traballos de rehabilitación de edificios históricos coinciden coa celebración de xornadas centradas na Ilustración, a elaboración de informes e todo tipo de actos dedicados á posta en valor destes elementos.
O tempo
No Consello do Patrimonio están presentes dezasete Comunidades e dúas Cidades Autónomas que deben escoller por unanimidade cal é a candidatura española que cada ano se presentará para que a UNESCO a tome en consideración. “No 2000 tocoulle a Galicia, e o criterio é primeiro territorial e logo pola importancia do ben”, explica Castro Allegue. De xeito que a declaración da Muralla de Lugo está aÃnda moi recente como para que haxa polo momento un acordo unánime a prol doutra candidatura galega. Ao ver dos representantes de Patrimonio neste organismo, aÃnda teremos que agardar anos ata vermos outro conxunto patrimonial galego recoñecido ao máis alto nivel internacional. “Se á proposta que levamos institucionalmente quédanlle aÃnda uns anos para estar no camiño de saÃda, admitir outras propostas pode ser xerar falsas expectativas e traballar nunha vÃa que non é a máis axeitada”, recoñece o subdirector de Patrimonio.
No camiño
De todas as propostas que xurdiron desde o ano 2000, varias están na actualidade conxeladas ante a dificultade que supón conseguir este prezado recoñecemento. Desde a oficina de Turismo de Ribadavia estráñanse ante a nosa pregunta sobre o estado da candidatura e aseguran que a proposta, xurdida do Club UNESCO que se creou nesta cidade, está polo de agora paralizada. No mesmo sentido contestan no Concello de Tui ao respecto da idea de conseguir que este conxunto histórico, canda o de Valença do Minho, optasen á declaración, unha iniciativa que aÃnda no 2004 se anunciaba activa. Sen embargo, e a pesar de ser conscientes das dificultades e da longa agarda que pode haber aÃnda, son varias as iniciativas que non se renden e continúan os seus traballos.
A Torre
Unha das propostas que está a recoller maior apoio mediático é a da Torre de Hércules. Iniciada no ano 2002 por iniciativa popular, a idea deu na creación do Instituto de Estudos Herculinos Torre de Hércules. Esta institución recollÃa o testemuño da tentativa que iniciaran en 1996 o Concello e a Real Academia de Belas Artes e que quedara paralizada. Desde este colectivo está a se coordinar unha intensa campaña de investigación na que colaboran especialistas de diferentes campos ao tempo que se desenvolven iniciativas coma recollidas de sinaturas, concertos de apoio e mesmo unha proposta para irmandar o faro coa Estatua da Liberdade. Desde Patrimonio, Castro Allegue recoñece a importancia do traballo que está a desenvolver este colectivo, “Na Coruña hai unha proposta que está moi elaborada,” explica, e apunta a importancia que este traballo pode ter á hora de desenvolver novas intervencións no contorno do faro. Sen embargo, non é optimista en canto á entrada deste monumento na lista de agarda. “Cando se conseguiu meter os castelos na segunda lista non estaba aÃnda presentada a Torre en Patrimonio, tentamos poñela pero actualmente é imposible”, recoñece.
A tenacidade de Foz
No ano 2002 o Concello de Foz anunciaba o comezo dunha recollida de sinaturas para conseguir a declaración coma Patrimonio da Humanidade da Igrexa de San Martiño de Mondoñedo, situada neste concello. O templo orixinal do século VI está considerado coma a primeira catedral do Sur de Europa, e a pesar das diferentes modificacións que foi sufrindo ao longo do tempo continúa a ser un conxunto único. Desde a concellerÃa de Cultura Xaime Cancio sinala que o proxecto continúa en marcha. “Levamos recollidas nun libro vinte mil sinaturas e queremos chegar ás cincuenta mil”, destaca. Ademais, desenvolven visitas e actividades coa intención de poñer en valor o conxunto. Para isto contan tamén cun proxecto que redactou Ignacio López, director do informe sobre a Muralla de Lugo. “Sabemos que vai moi lento e mesmo que a liña da UNESCO apunta a apoiar rutas e non edificios concretos. Nós estamos a traballar para incluÃr o conxunto da ruta Pardo de Cela, que recollerÃa outros elementos arquitectónicos importantes, pero é un traballo lento”.
VÃa Nova
Unha das últimas propostas que se coñeceron, e abril de 2004, foi a da VÃa Nova, unha importante calzada romana que percorrÃa as terras do Sur de Gallaecia. Actualmente repartido entre Portugal e Galicia, este itinerario atravesa paraxes de destacada importancia natural, coma os parques de Peneda Gerês e O Xurés ademais de ter asociados unha serie de miliarios de grande importancia e mesmo restos coma o campamento de Aquis Querquennis, en Bande. No pasado ano unha comisión formada polo concello de Lobios da banda galega, coa colaboración de varias cámaras municipais de Portugal e outras entidades, lanzaba a proposta ao tempo que iniciaban un ambicioso programa de recuperación e de posta en valor da vÃa. Manuel Xusto RodrÃguez, que está a desenvolver este proxecto, apunta que o primeiro obxectivo desta iniciativa é conseguir que este conxunto patrimonial sexa declarado Ben de Interese Cultural e ter asà a figura de protección que require a UNESCO. Para isto están a desenvolver na actualidade os traballos para coñecer o trazado exacto da mesma. “No marco deste proxecto e en colaboración cos nosos veciños de Portugal, queremos reconverter o edificio da antiga alfándega de Portela do Home nun centro de visitantes. Tamén se está a traballar nunha proposta de rehabilitación de edificios e proxectos museográficos e museolóxicos que inclúen unha proposta de musealización a través de paneis na propia vÃa”, explica Xusto RodrÃguez. “Unha vez que consigamos a declaración de BIC o lóxico será poñerse a traballar na candidatura. É un traballo a longo prazo, e serÃa desexable que a partir da proposta que se xerou no concello de Lobios, a experiencia se exportase a outros concellos onde a VÃa Nova presenta unha situación semellante”.
A vontade
Desde a Xunta en xeral recoméndaselles aos interesados prudencia á hora de lanzar unha proposta neste sentido. “Eu dÃgolles que de cando en cando lean as normativas da UNESCO e as revistas que sacan. Hai que ver os xacementos. Sen desprezar os da Costa da Morte, hai que pensar que o Plan de Patrimonio Arqueolóxico é unha maneira de poñelos en valor mentres que poida que non fosen admitidos coma Patrimonio da Humanidade. Non porque non o merezan, senón porque hai outros xacementos que están na lista indicativa”, sinala Castro Allegue. Está visto que polo momento, teremos que centrar as nosas esperanzas de ser recoñecidos por este organismo á candidatura que o Patrimonio Inmaterial Común Galego-Portugués presenta a Obra Mestra da Humanidade e que é de agardar se resolva no vindeiro mes de novembro. E ir vendo como vai a lenta carreira dos candidatos ao Patrimonio da Humanidade.